23 de abril día do libro
O día do libro é un acontecemento anual que se celebra o 23 de abril. A festa celebrouse por primeira vez baixo os auspicios da UNESCO en 1995 coa idea de fomentar a lectura, a edición e publicacións impresas e os dereitos do autor.
As orixes da festa do libro están ligadas a Cataluña e á celebración do Sant Jordi , cando era costume que os homes agasallasen as mulleres cunha rosa e estas o fixesen cun libro.
En España a xornada comezouse a celebrar oficialmente o 7 de outubro de 1926, en conmemoración do nacemento de Miguel de Cervantes Saavedra. O escritor e editor, Vicent Clavel Andrés , propuxo este día á Cámara Oficial do Libro de Barcelona.
Eva Blanco. 1º Bacharelato B.