O 22 de abril celebramos o día internacional da nai Terra
A contaminación, a superpoboación, a perda de biodiversidade, ou o cambio climático, son algúns dos serios problemas medioambientais aos que se enfrenta a humanidade.
Somos conscientes da gravidade da crise económica á que nos enfrentamos, mais a transcendencia da crise ecolóxica é moito maior.
Porque a Terra é o único lugar no que podemos vivir. Se este planeta perde a capacidade de sustentar a vida non teremos a onde ir. Os proxectos de conquistar Marte ou de chegar a algunha das superterras oceánicas que se descubren cada certo tempo, son irrealizables cos nosos coñecementos actuais.
Celebremos este día da nai Terra comprometéndonos a ter comportamentos responsables co medio ambiente.