Terremoto á carta

Toda actividade humana ten as súas consecuencias, ultimamente fálase moito do cambio climático, da crise; pero… algunha vez imaxinariamos que seriamos capaces de causar unha catástrofe natural, coma un terremoto?

imagen

Un estudo publicado pola revista Geology relacionou un sismo de magnitude 5,7 ,na escala Richter, ocorrido en Oklahoma (EEUU) en 2011, cunha técnica que se usa na explotación de hidrocarburos e que consiste en inxectar no subsolo a auga residual do proceso.

Esta técnica de inxección de augas residuais emprégase no fracking ou fractura hidráulica que consiste en romper as rochas que albergan os hidrocarburos (gas ou petróleo) mediante a inxección a alta presión e a gran profundidade dun composto formado maioritariamente por auga, e, ademais, por area e productos químicos. É un método moi criticado por: o risco de filtracións nos acuíferos; as dudas sobre a composición dos productos químicos, e os seus efectos sobre o medio ambiente; o excesivo gasto de auga; e, máis recentemente, o favorecemento á formación de sismos.

(No vídeo coméntase que os recentes terremotos ocorridos en Lorca tamén poder ter a súa causa nunha explotación de acuíferos cercanos á localidade).
Xa dende a antigüedade queremos ser o centro do Universo, pero, como podemos observar, non podemos ter o poder de todo, e sobre todo o da natureza.

Victoria Domínguez Tubío 1ºA BACH.

 

Tags: , , ,