Un investigador galego encontra unha hormona que podería usarse como diana contra a obesidade.

Un estudo liderado dende a Universidade de Santiago polo doutor Rubén Nogueiras, Integrante da Sociedade Española para o Estudo da Obesidade, coa colaboración doutros laboratorios nacionais e internacionais, descubriu que a hormona concentradora de melanina (un péptido que estimula o apetito) pode regular o mecanismo do fígado e a graxa a través do cerebro sen afectar a inxesta de alimentos nin ao gasto enerxético.

A  investigación publicada na revista Gastroenterology, comenta que esta proteína pode ser utilizada como diana terapéutica contra a obesidade. O traballo realizado en ratas, demostra  segundo Rubén Nogueiras que a activación desta hormona en determinadas áreas do cerebro regula de maneira selectiva o que ocurre co tecido adiposo.

O feito de que o efecto desta hormona, que é producida polo hipotálamo, incremente a cantidade de graxa no tecido adiposo blanco e no fígado non só afecta á obesidade, senon tamén a diabetes, xa que canto maior sexa a cantidade de grasa almacenada nestes órganos, máis resistencia se ofrece á insulina.

imagen

Sandra Romero. 1º Bach D