Científicos rusos atopan vestixios dunha bacteria descoñecida na Antártida
Nas mostras de auga do lago subglacial Vostok ( Antártida ), - descuberto en 1996 e que está nun casquete de 4 quilómetros de espesor que segundo dín é a reserva acuífera máis antiga e pura da Terra e segundo estudos leva illado da biosfera máis de 20 millóns de anos, ademais de ser dos máis grandes da Terra ( 300 km de longo e 50 km de ancho ) - recollidas o ano pasado por un grupo de científicos rusos encontrouse ADN dunha bacteria inédita ata ahora. Así o afirmou á axencia RIO-Nóvosti o xefe da expedición, Valeri Lukín.
Gráfico do lado Vostok
Este feito podería dar información trascendental sobre a evolución da vida na Terra . O xefe sósten que descubriron unha nova especie, pero para asegurarse teñen que estudar as mostras de auga pura, pero quere destacar que o que colleu foi ADN, non bacteria viva. Segundo os posteriores estudos non se puido encontrar, nin sequera, os descendentes xenéticos da bacteria.
Vista do lago dende o espazo. Foto: NASA
;
Samuel Dasilva Nieto 1ºBach.D