Salvas vidas ou gañas cartos?

Dende hai algúns anos estamos nunha crise enconómica moi grande, o que non sospeitaríamos e que chegaríamos a falar da economía nunha clase de ciencias para o mundo contemporáneo, pero tampouco chegaríamos a sospeitar que a nosa sanidade pública podería chegar a ser privada .

Isto é o que está a pasar en Madrid, é dicir, esténdese o modelo de hospiais privados con financiación pública. Para defendelo, o goberno da Comunidade de Madrid afirmou que o coste da asistencia sanitaria é de 600 euros por habitante, e que aspira a reducilo 159 euros por habitante. É dicir, se Madrid ten 6.489.680 habitantes, estaríamos a falar dun pretendido aforro de ata mil millóns de euros.

imagen

Que opinan disto os médicos? O xerente  de cardioloxía do hospital de San Joan, Vicente Bertomeu fala  do que pensa. O médico pon en debate a privatización non no aforro, senón nos tratamentos. ” O noso obxetivo é o paciente, e nese sentido sabemos que non existen datos suficientes, e, se os hai, non se utilizan de forma obxectiva para tomar decisións independentes”. Tamén pensa que é un conflito que conta co gran respaldo da poboación, xa que as encostas din que o 87% das persoas están en contra da privatización. O médico ten varias dudas sobre este novo modelo sanitario: ” Que pasa coa patoloxía complexa que eles non van cubrir?” ( referíndose a que as privadas tratan o fácil e cando chega o complicado a derivan á pública), “que vai pasar coa formación de especialidades de posgrao?” ( referíndose ao sistema MIR).

Acaba isto cunha reflexión xeral ” o noso sistema público é aceptado universalmente aínda que teña grandes posibilades de mellora, e esa é unha das causas pola que todos pagamos impostos. O que sorprende é que neste sistema do que todos estamos tan orgullosos haxa que transferir a súa xestión a terceiros”.

imagen

                                                       O doutor Vicente Bertomeu

Quen é o que máis se beneficia? As grandes empresas Capio Sanidad e Ribera Salud, facturaron no 2011 varios centos de millóns. Entorno ao 75% desa cifra saíu das arcas públicas, procedentes de concertos, concesións e convenios cas administracións. Estas dúas empresas son as mellores situadas para competir polas novas oportunidades do negocio relacionadas ca xestión privada de servicios sanitarios públicos, aínda que tamén hai outras compañías que se están dando á privatización.

Ten a sanidade que beneficiarnos a nós ou as grandes empresas?

Victoria Domínguez e Lorena Fernández 1ºA .

 

Tags: , ,