Unha supernova a partir de dúas ananas brancas

Imaxinades mirar o ceo e que haxa algo máis que estrelas e escuridade? Imaxinades un estoupido de luz no universo? Pois isto ocorreu no ano 1006, deixando abraiadas as poboacións. Puideron velo durante tres anos!  Finalmente agora temos unha explicación.

No ano 1006, un estoupido de luz no ceo sorprendeu as civilizacións de todo o mundo. Tratase do estoupido dunha supernova a uns 7.000 anos luz da terra. Os astrónomos chinos resaltaron que o evento foi visible durante tres anos, e os exipcios que foi tres veces máis brillante que Venus ou que emiteu unha luz equivalente case a unha cuarta parte da que emite a lúa.

 imagen

Agora, uns científicos descubriron que a verdadeira causa da explosión foi a colisión e fusión de dúas ananas brancas.  O ‘Hubble’ captou imaxes dos restos que ainda perduran deste fenómeno da idade media. Esta capa externa da supernova estivose expandindo a unha velocidade media duns 30 millons de km/h. Actualmente a súa velocidade reduciuse a uns 10 millons de km/h.

As explosións de supernovas, xeneranse de diferentes maneiras. Se un astro ten unha masa superior a oito ou dez veces a do Sol, cando se esgota o seu combustible nuclear, colapsa e explota; no seu lugar queda unha compacta estrela enana blanca. Se a masa é maior, o resultado será unha densa estrela de neutrons ou incluso un buraco negro.

imagen

 Sen embargo, Jonay González Hernández, investigador do Instituto de Astrofísica de Canarias (IAC), explica que as supernovas tamen se poden orixinar en sistemas de dúas estrelas, xa sexa unha unha anana branca e outra una estrela normal ou unha xigante vermella, que vai cedendo materia a primeira ata que s eorixina un estoupido. No caso da supernova de 1006 fusionaronse dúas ananas  brancas que provocaron o estoupido e deixaron unha burbuxa gaseosa.

Sonia Rodríguez Hermo, 1ºB Bach.