A vida do Sol

O Sol formouse -a partir de nubes de gas e po que contiñan residuos de xeracións anteriores de estrelas- hai 4.650 millóns de anos e ten combustible para 5.500 millóns máis. Despois, comezará a facerse máis e máis grande, ata converterse nunha xigante vermella. Finalmente, fundirase polo seu propio peso e convertirase nunha anana blanca, que pode tardar un billón de anos en enfriarse.

Críase que nun principio o Sol acabaría por absorber a Mercurio, a Venus e a Terra ó convertirse en xigante vermella. Mais a gran perda de masa que sufrirá no proceso fixo pensar por un tempo que a órbita terrestre ó igual que a dos demáis planetas do Sistema Solar se expandiría e posiblemente salvaría ao noso planeta dese destino. Porén, un artigo postula que tal expansión non terá lugar e que a interaccións mareais, así como o roce coa materia da cromosfera solar, fará que o noso planeta sexa absorbido.

Cliclo da vida do Sol

Andrés López Brey. 1º Bacharelato A.