Descubrimento dunha bacteria que pode facernos máis intelixentes

Segundo os centíficos a exposición a unha bacteria específica do entorno, que xa se sabía que  tiña cualidades antidepresivas, podería incrementar a capacidade de aprendizaxe, segundo se desprende dun estudo realizado por científicos de The Sage College de Nueva York.

Descubren una bacteria que puede hacernos más inteligentes, según científicos

 Trátase de Mycobacterium vaccae, unha bacteria presente no chan, e que as persoas adoitan respirar ou inxerir cando pasan certo tempo en contacto coa natureza.

En estudos previos demostrárase que esta bacteria, inxectada en ratos, estimulaba o crecemento de algunhas neuronas do cerebro e, en consecuencia os niveis de seratonina, reducindo a ansiedade destes animais.

Dado que a serotonina xoga un papel na aprendizaxe, os investigadores preguntáronse se a M. Vaccae podía potenciar tamén a aprendizaxe. Para averigualo, realizaron unha proba con ratos alimentados con esta bacteria, e que debían orientarse nun laberinto.

Os resultados demostraron que estos ratos realizaron o mesmo traxecto o doble de rápido que outros ratos que non consumiron a M. vaccae, e con menos ansiedade.

uitros tests deron resultados similares, polo que os investigadores especulan coa idea de usar estas bacterias en contornos de aprendizaxe como os colexios, co fin de reducir a ansiedade dos nenos e aumentar a capacidade destes de aprender novas tareas.

Miriam Santiago. 1º de Bacharelato B.