A Terra canta

¿Quen dicía que no espazo non se podía gritar ou cantar? Pois o noso planeta demostrou que si se pode.

Recentemente a NASA conseguiu rexistrar a música do chamado “Coro” da Terra.  Estes sons proveñen das ondas de plasma que emiten os cintos de radiación situados entre os polos magnéticos do noso planeta e non poden ser percibidos polo oído humano  xa que os nosos oídos non poden detectar ondas de radio directamente, pero podemos convertilas en ondas sonoras coa axuda dun receptor de radio de baixa frecuencia (VLF). Esta rexión, da cal proveñen os sons é a dos Cintos de Van Allen, que son certas zonas da magnetosfera terrestre nas que se encontran partículas cargadas: protóns e electros que se moven en espiral en gran cantidade, entre os polos magnéticos da Terra.

imagen

 O equipo de Craig Kletzing, na Universidade de Iowa foi o responsable de construír EMFISIS (Electric and Magnetic Field Instrument Suite and Integrated Science), que foi o receptor que permitiu rexistrar os sinais sonoros.

Kletzing explica que estes sinais non son ondas acústicas como as que viaxana través do aire do noso planeta, senon que o “Coro” está formado por ondas de radio que oscilan en frecuencias acústicas, de entre cero e 10 kilohercios.

Este descubrimento non dota so de cousas boas, senón que tamén se descubriu que estes sons están formados por uns electróns, que se coñecen como “electróns asesinos” que poden danar a satélites e a astronautas.


 Este coro seguirá cantando durante  dous anos máis, polo que o espectáculo só acaba de empezar.

Nuria Outeiral Pais e Laura García Tubío