Exoplaneta de Diamante
Un equipo de astrónomos franco-estadounidenses atopou un planeta que está formado maioritariamente de diamante, o tamaño de dito exoplaneta é o dobre có da Terra e orbita arredor dunha estrela visible.
Segundo os investigadores o exoplaneta (fóra do Sistema Solar) está formado principalmente por carbono en forma de grafito e diamante, así como de ferro e silicio.
” Esta é a nosa primeira visión dun exoplaneta rochoso , cunha composición química radicalmente diferente á da Terra ” , agregou Nikku Madhusudhan , da universidade de Yale , un dos autores do descubrimento publicado na revista Astrophysical Journal Letters no que tamén participa o Instituto en Astrofísica de Tolouse, Francia .
Este exoplaneta, denominado 55 Cancri-e , ten un radio dúas veces máis grandes có da Terra e encóntrase a 40 anos luz do noso planeta, na constelación de Cáncer. Tamén, é moito máis denso có noso planeta, cunha masa oito veces superior. As temperaturas na súa superficie acadan os 2148 º C , o que fai que sexa un lugar moi inhóspito.
(Constelación de Cáncer)
Este corpo celeste xira tan rápido que orbita ao redor da súa estrela en só 18 horas, frente ós 365 días da Terra ao redor do Sol .
55 Cancri-e foi observado por primeira vez no 2011, cando pasou por diante da súa estrela o que permitiu aos astrónomos medir o seu radio.
Esta información, combinada cas estimacións da súa masa, permitiu deducir a composición química do seu interior, según eles, a cantidade de diamante podería representar ao menos un terzo do exoplaneta, o equivalente a tres veces a masa da Terra.
En comparación, o interior da Terra é rica en osíxeno pero moi pobre en carbono.
A identificación deste planeta rico en carbono significa que ” Xa non podemos supoñer que o planetas rochosos a distancia teñen a mesma composición química , a mesma atmosfera e a mesma estructura interna cá Terra” dixo Nadhusudhan, o que supón un descubrimento que abre novas vías para o estudo dos exoplanetas.
(No vídeo aparece que foi descuberto en 2004, pero en realidade, como di a noticia, foi descuberto en 2011).
Vicky Domínguez e Lorena Fernández. 1º Bach A