A supervivencia na Terra en risco
A alarma soa dentro da comunidade científica, un colapso dentro do planeta parece inminente. Segundo os científicos que estudan esta situación, a Terra podería chegar a colapsarse dunha forma irreversible nun curto prazo. Este hipotético colapso consistiría nunha intensa sequía, carencia de alimentos e auga potable e extincións masivas. Os estudos demostran que o culpable deste proceso non é outro que o ser humano. As causas son a sobrepoboación da Terra polo ser humano, a destrucción dos ecosistemas naturais e o famoso cambio climático.
Aínda que isto sone alarmante, por fortuna, todavía é reversible. Imaxinémonos que a Terra é unha taza de café na beira dunha mesa sendo empuxada lentamente, mentres non cae case non se ve alterada pero no momento no que caia vai romper en mil cachos. Esto lle pasará á Terra, chegará a un punto de non retorno no que as consecuencias serán fatales para os que vivan nel. A data estimada é realmente cercana, se seguimos con este réxime de consumo cara o ano 2025 teremos destruído o 50% dos hábitats naturais e para o 2045 o 55%.
Está nas nosas mans frear este proceso pero… ata cando ?
Fonte: Diario ABC.
Artigo de EuropaPress
Adrián Casais. 1º de Bacharelato A.