“Os homes cren que a epilepsia é divina, meramente porque non a poden comprender”. Hipócrates

A epilepsia é unha enfermidade, aínda que tamén lle podemos denominar síndrome, caracterizado por crises convulsivas ou por outras manifestacións en accesos, motores, sensitivos, psíquicos, neurovexetativos que as veces acompañanse ou son substituídos por convulsións.

Cando se recoñece a causa precisa á cal se poden imputar as manifestacións epilépticas podemos falar de sintomática, cando se debe a tumores cerebrais, parálise progresiva, meninxite, traumas craneais, intoxicacións, traumas de parto, encefalopatía infantil, infecións, displasia cerebral, sífilis; e de esencial ou idiopática, no caso contrario. Esta distinción basease no feito de que a a chamada idiopática é debida a un factor hereditario e polo tanto é transmisible polas leis da herdanza.  Polo que apareceu a Liga Internacional contra a epilepsia, que elaborou o primeiro esquema das distintas crisis epilépticas

Hai unha serie de factores desencadeantes para esta enfermidade,  os cales nos idiopáticos pode mostrar efectos que non mostraría nos demais. Así, estes factores, poden producir lesions anatómicas cerebrais, aínda que sexan mínimas.

Os sinais da epilepsia son moi multiformes, xa que pode abarcar dende un acceso convulsivo xeralizado, a veces precedido de por síntomas premonitorios, e casi constantemente acompañado de pola pérdida de conciencia que soe ir seguida dun sono profundo; ata unha crise convulsiva parcial ou ben solamente unha rapidísima e súbita perdida de conciencia.

imagenO proceso de un ataque epiléptico basease en: un grito imprevisto e ronco que anuncia as veces o comezo, a precipitación do enfermo a terra polo que con frecuuencia se produce contusións e ferida, a cabeza está rotada cara un lado ou hiperextendida cara atrás, os membros superiores e inferiores poñense ríxidos en extensión, a lingua sae da boca polo que moitas veces é mordida, cesa a respiración, o rostro ponse cianótico, as venas do pescozo ingurgitan e as pupilas dilatan fortemente e non reacionan aos estímulos luminosos. Este proceso dura algúns segundos ou como máximo medio minuto. Durante este os membros son axitados por violentas descargas rítmicas, o corpo proxectase cara atrás, da boca sae baba espumosa e sanguiinolenta, os músculos faciais e respiratorios soen tamén participar nas convulsións clónicas, producindo unhas breves inspiracións ruidosas. Despois os movementos comezan a facerse menos violentos e dá lugar a un estado semicomatoso, con respiración profunda e ruidosa, o rostro vólvese pálido e con abundante sudoración. Todo o proceso convulsivo dura polo xeral un ou dous minutos, do cal o paciente desperta sen recordar nada.

A frecuencia destas convulsións é moi variada, pódese tardar meses en repetir ao igual que padecer outra aos poucos minutos da anterior, incluso sen chegar a recuperar o recoñecemento, ao que se denomina “estado de mal” epiléptico.

Esta crise anteriormente nomeada é a máis recoñecida no ámbito social pero existen outras que moitas veces non se asocian con dita enfermidade. Este é o caso de epilepsia psicomotora, pola cal o enfermo sente o impulso de coller obxetos, masticar ou correr sen meta fixo, feitos que cando cesan as persoas non recordan facelo, aínda que existen casos máis curiosos como actos de violencia, exhibicionismo, excitación desenfreada ou un estado de depresión con insensibilidade á dor; pero a este grupo tamén cabe sumar certos estados crepusculares episódicos, é dicir, crisis de obnubilación da conciencia con alucinacións de contido terrorífico, místico, ou con delirios que forzan a veces ao enfermo a unha serie de violencias contra sí mesmo ou os demais, aínda que sen chegar a estos extremo, con máis frecuencia o enfermo non recoñece ao familiares e permanece atónito e con un certo aire de estupidez.

imagenA epilepsia manifestase de diferentes formas dependendo da idade, a forma, as crises, etc. Así hai variedades que so se manifestan en determinadas edades, como pode ser a infancia. Pero hoxe en día tratase tódalas variedades de dita deficiencia con preparados anticonvulsivantes, en concreto, con barbitúricos.

Así so cabe mencionar que non so os seres humanos podemos padecer esta enfermidade, polo que incluso o mellor amigo do home, como é o can, pode ser unha víctima deste mal.

Creado e publicado por: Ángela Fernández Ríos e Vanesa López Lijó de 1º de Bacharelato A

 

Tags: , , ,