Rosalind Franklin, a científica que fotografou por primeira vez o ADN

Decidimos decantarnos cara a Rosalind Franklin xa que hai moito tempo as mulleres estaban  totalmente discriminadas, tanto na ciencia como en tódolos ámbitos. E esta muller foi unha valente , foi unha das primeiras mulleres introducidas na ciencia cun gran descubrimento e non admitido, xa que todo o traballo non levaba o seu nome . A día de hoxe debemos recoñecer o seu nome e darlle o valor merecido.

Naceu en Londres o 25 de Xullo de 1920 , filla de un banqueiro xudeu e obtivo un título de física, química e matemáticas na Universidade de Cambridge.

Nestes anos ás mulleres na universidade non se lles outorgaba o grao de licenciada, non eran consideradas parte do claustro e o número de doutoradas limitábase a un 10% como moito.

 

imagen

No 2003 conmemoráronse os 50 anos do descubrimento da estrutura  secundaria do  ADN, a dobre hélice, por Watson  e Crik  baseándose nos difractogramas de raios x obtidos por  Rosalind Franklin. As aportacións de Rosalind foron cruciais  para a realización deste descubrimento, considerado o maior descubrimento biolóxico do S. XX.

Rosalind foi capaz de mostrarnos a primeira imaxe de calidade dunnha  molécula de ADN.

imagen

 Pese a ser a científica que obtivo os datos que permitiron definir a estructura do ADN non foi premiada co Nobel. O máis patético é que este premio foi otorgado a Watson, Crik e ó  xefe de Rosalind, Wilkins, que usaron os datos de Rosalind a escondidas e sen o seu permiso.

Sabela López García.

Berta Escurís Rodríguez.

Jorge Fajardo  Filgueira.