“Para ter éxito na arte e na ciencia unha pizca de autismo é esencial” Hans Asperger

Os trastornos do espectro autista (ASD) son un grupo de trastornos que afectan a maneira na que un neno se desenvolve en varias áreas , como a fala , as destrezas sociais e a conduta. Os síntomas destes trastornos varían considerablemente e poden ser de leves a graves.

Existen tres tipos principais de trastornos do espectro autista :

  • Trastorno autista (tamén denominado autismo clásico).Os individuos afectados soen ter problemas graves de fala, de conduta e sociais. Ás veces tamén teñen incapacidades intelectuais.
  • Síndrome de Asperger. Os individuos afectados teñen problemas sociais  e de conduta máis leves que aqueles con trastorno autista. Polo xeral, falan normalmente e teñen habilidades intelectuais normais.
  • Trastorno do desenrolo xeneralizado non especificado (tamén denominado autismo atípico). Os individuos afectados teñen algúns síntomas, a miúdo problemas de fala e sociais, pero non os suficientes como para establecer un diagnóstico de autismo clásico.

    imagen

Cada neno con un ASD é un caso único pero pode compartir certas características e condutas cós demais, como por exemplo :

Non fala, repite palabras, realiza movementos repetitivos (  por exemplo axitar as mans) , é hiperactivo, ten berrinches con frecuencia , evita o contacto visual, ten dificultades para iniciar ou manter unha conversación e para facer amigos, non responde cando o chaman polo nome, é rutineiro, concéntrase nunha soa cousa, quere estar só, non lle gusta que o abracen nin o acaricien, non sente medo en situacións de risco, ten dificultades de aprendizaxe, é agresivo, lastímase a si mesmo …

 

Polo xeral, os nenos con un ASD non teñen un aspecto diferente do dos outros rapaces. Parecen desenvolverse normalmente durante o primeiro ano de vida pero a partir do segundo, alguns comezan a atrasarse no desenrolo.Os trastornos do espectro autista ocorren en todos os grupos raciais, sociais e educacionaiss e o risco nos nenos  é aproximadamente catro veces maior que nas nenas.Os irmans dun afectado poden ser máis propensos a padecer un ASD.

 

 

imagen

 causa do autismo  é un trastorno bioloxico que parece estar asociado con anomalias sutís nas estruturas ou funcions específicas do cerebro .Os científicos cren que hai moitos xenes de diferentes cromosomas que contribúen á enfermidade. Recentemente, un grupo de investigadores indentificou unha pequena rexión de xenes no cromosoma 5 que poderia estar asociada co 15% dos casos de ASD

 

Saray Places & Thais Forján

 

Tags: