O elixir da vida

Colonizou  tódolos océanos do mundo, atópase en augas templadas ou tropicais, dende Panamá ata Xapón, aínda que tamén se expandiu polo Mar Mediterráneo, nas costas de Italia e de España. Esta alarma,  deuna a bióloga Maria Pia Miglietta, o verán  pasado e describiuno como un invasor  pequeno, silencioso, lento e invisible.

Trátase da Turritopsis nutricula, unha pequena medusa duns 5 milímetros de diámetro que pertence ó grupo dos metazoos (conxunto de organismos eucariotas, heterótrofos e pluricelulares), pero que posee una característica que a fai única de entre todas as especies coñecidas ata o de agora. A Turritopsis nutricula, é inmortal.

imagen

Esta medusa non morre tras alcanzar o seu estado adulto dado que é capaz de revertir o ciclo dende o estado adulto a un estado pólipo inmaduro anterior e de ahí á madurez de novo. A clave reside nun proceso denominado transdiferenciación. Esta especie descubreu a maneira de modificar as súas células una vez que éstas xa se diferenciaron e  facelas retroceder a fases anteriores á súa especialización. Este proceso é común aínda que limitado, nalgúns animales como a salamandra, capaz de repoñer órganos amputados.

En probas de laboratorio, o cen por cen dos exemplares de Turritopsis nutricula analizados maduraron e volveron á xuventude decenas de veces, sen perder, neses cambios nin una sola das súas características e capacidades. Cabe mencionar tamén, que son capaces de producir o proceso de transdiferenciación un número de veces que é según os científicos, potencialmente infinito. Os investigadores tiveron que chegar á conclusión de que a norte orgánica é algo que nesta especie, sencillamente, non ocorre.

Se desexas ver un video onde apreciar con maior claridade a súa natureza, preme  aquí.

A existencia desta excepcional criatura coñécese dende hai máis dunha década. Dende os anos noventa foi sometida a análisis xenéticos e biolóxicos de todo tipo para intentar arrancarlle sen éxito, o segredo da súa inmortalidade.

¿Poderá algún día o ser humano adaptar a magnífica capacidade da medusa aplicada á nosa propia especie e… conseguir así ser inmortais?