A morte súbita
Vimos nos ultimos anos moitos casos de mortes subitas nos partidos de futbol que axitaron a nosa consciencia, pero o que non sabemos é que a morte subita é unha das principales causas de morte no mundo.
Repentina, inesperada, por causas naturais… Así se presenta a morte súbita. A sua causa mais habitual é unha enfermidade cardiovascular. Toda alteración da función cardiaca, sexa por un infarto antiguo, ou a dilatación do corazón por diversos oríxenes, unha válvula danada, unha inflamación de larga data (Miocarditis) ou anormalidades xenéticas conxénitas que afectan o músculo do corazón, poden xenerar a morte súbita.
As causas para previla son obvias: para evitar ter altos niveles de colesterol haberia que manter unha alimentación equilibrada e un mínimo de exercicio físico, e por suposto evitar o tabaco.
A manobra mais usada para superar estes ataques faise usando o Desfibrilador Automatico Externo, que é un aparato que leva unha corrente continua ao corazón, que despolariza á vez todas as células miocárdicas para quepoda seguir co seu ritmo habitual.
Nesta imaxe podese ver o impulso eléctrico normal que produce a despolarización e a correspondiente contracción muscular.