Tepco inunda o mar xapones de auga extremadamente contaminada
A empresa xaponesa Tokyo Electric Power (TEPCO), operadora da planta nuclear de Fukushima, comezou a lanzar este luns 4 de Abril ao mar miles de toneladas de auga radiactiva da planta nuclear de Fukushima para facilitar as tarefas dos seus operarios, aos que a contaminación impide avanzar nalgunhas zonas.
A operación implicará botar en varias horas o Océano Pacífico ata 11.500 toneladas de auga procedente de depósitos especiais e do soto dos reactores 5 e 6, os únicos das seis unidades da central que están por agora controlados.
Ese auga excede 100 veces o límite legal de iodo-131, un nivel relativamente baixo en comparación co da auga que inunda algunhas áreas da planta nuclear, cunha radiación ata 100.000 veces superior.
A Axencia para a Seguridade Nuclear de Xapón insistiu en que a operación non entraña riscos para a saúde mentres o voceiro do Goberno xaponés, dixo que é unha medida de emerxencia e que TEPCO debe vixiar o seu posible impacto ambiental.
O obxectivo é facer espazo neses lugares para poder trasladar alí a auga cunha radiactividade aínda máis elevada que inunda os edificios de turbinas dos reactores 1, 2 e 3, e que dificulta seriamente os labores dos operarios de TEPCO para arrefrialos.
Feito por Daniel Sieira e Juan Carlos Muñiz