Acurtamento do día e 8 cm de desprazamento do eixo da Terra, son as novas variables a incorporar na nosa vida

O devastador terremoto sufrido en Xapón o 11 de marzo de 8,9 graos de magnitude na escala de Richter foi o maior da súa historia e, desgraciadamente pasou a ocupar o terceiro posto como seísmo máis destrutivo no mundo. Un acontecemento que deu a volta a todo o planeta pasando por xeólogos expertos, ambientalistas, economistas… coincidindo todos en que se trata de un acontecemento devastador que xa levou consigo millares de vítimas.

imagen

Dende o primeiro momento enchéronnos de noticias sobre a situación en Xapón pero, sen dúbida, e deixando de lado moitas outras cuestións sobre o sucedido unha das noticias máis curiosas foi a alusión a un posible desprazamento no eixo da Terra. A NASA foi a encargada de transmitir este informe con fundamentos científicos, dado que un terremoto de esta magnitude, despraza centos de rochas en espazos reducidos, modificando o movemento de rotación da Terra.

imagen

Ao principio pode ser unha noticia un tanto impactante, que nos faga plantear preguntas como “e iso e grave?” “que consecuencias ten para os humanos?” pero en realidade as consecuencias son insignificantes para as persoas. A consecuencia máis obvia e a que primeiro se ten en conta é que se o eixo de rotación da Terra varía, variará tamén o tempo de rotación da Terra, é dicir, a duración do día. Pero só se trata de 1,26 microsegundos que nos pasarán totalmente desapercibidos. Por outro lado, o eixo da Terra atópase inclinado de forma natural uns 23º, e a variación producida por este terremoto é apenas apreciable, polo que se descarta que poida afectar de forma significativa ao clima da Terra.

Lorena Resúa Sánchez

Alejandro Gómez Fernández

Miriam Lamas Sóñora