Últimos días para ver xuntos a Xupiter e a Mercurio.

XM2.png

Ademais  de gozar da superlúa, como nos recordaron Lorena, Alejandro e Miriam, o ceo  leva varios días ofrecéndonoss a posibilidade de observar, durante algúns minutos a Mercurio e a Xúpiter, xuntos. Sobre a Serra do Barbanza para os que vivimos en Boiro,  ao oeste en calquera caso, xusto despois do solpor.

Entre as 20:00 h e as 20:15 vemos Xúpiter. Entre as 20:10 e as 20:30 vemos Mercurio. Temos cinco minutos para velos a ambos sobre o ceo.

Se queredes intentalo, podedes guiarvos pola foto, vense a simple vista.