A primeira muller astronauta

O 16 de xuño de 1963 o Vostok 6 despegou dende a base espacial Baikonur co rumbo o espazo levando consigo a tripulante Valentina Tereshkova que a idade de vinteseis anos convertiríase  na primeira muller en viaxar o espazo.

A misión de Tereshkova tamén  constituíu un experimento para unha investigación do Programa Espacial Soviético. O seu obxectivo era determinar se as mulleres tiñan a mesma resistencia física e psicolóxica ca os homes no ambiente espacial

imagen

Efectuou 48 órbitas arredor da terra  durante setenta horas e cincuenta minutos  e regresou coma unha heroína.

Unha curiosidade sobre a vida de Valentina é que ten unha filla , o seu nacemento suscitou  un gran interese polos científicos da época xa que era o primeiro bebé que nacía de pais que estuveran no espazo , a nena foi completamente normal .

 

imagen

Despois dela , mulleres doutras nacionalidades viaxaron ao espazo , mais Valentina segue sendo a única que viviu esa aventura absolutamente soa a bordo dunha nave espacial.

Saray Places Pérez

 

Tags: