O universo de Hawkings.


O físico británico Stephen Hawkings, é un dos grandes pensadores na actualidade. Intenta desvelar a orixe do universo, pero a enfermidade que o paraliza dende moi novo dificulta cada vez máis o seu traballo. Conta coa axuda de prestixiosos físicos e matemáticos, como Pedro Ferreira, que neste video nos explica a gravidade tal como Einstein e Hawkings a entenderon; e Roger Penrose,  co cal chegou á conclusión de que a teoría xeral de Einstein implica que o tempo e o espazo han ter un principio no Big-Bang e un final nos buracos negros. Hawkings deduce que se algo desaparece dentro da nada, tal vez poida aparecer da nada. A gravidade xoga un papel moi importante na posible teoría da orixe do universo. Non é só unha forza de atracción, senón que á súa vez enche todo o espazo. É unha tea espazo-temporal sobre a que os planetas e as estrelas exercen unha presión formando ocos. Cando esta tea se estira demasiado fórmase un inmenso oco no espazo, polo cal desaparecen cousas. A concavidade é tan profunda que nin a luz pode saír. Isto é o que se denomina buraco negro. Hawkings céntrase sobre todo neste punto, xa que pensa que os buracos negros son a clave para explicar a súa nova teoría. Poderá cumplir o seu soño antes de que sexa demasiado tarde?Haberá alguén que vaia en contra dos seus fundamentos? Só o tempo poderá darnos resposta a este arduo misterio.

 

Unha resposta a “O universo de Hawkings.”

  1. ana_urbieta Dixo:

    Noraboa, queda moi clara a gravidade segundo Einstein.