A famosa marca PUMA contra os bosquimanos

imagen

 

Con motivo do vindeiro Mundial de Futbol Sudáfrica 2010 , Puma decidiu que a súa nova colección estea elaborada ó 100% de algodón africano , o que axudaria á industria local e dar a coñecer a marca nese lado do mundo , en especial ós bosquimanos da reserva de Kalahari Central .

Wilderness Safaris ,empresa turística na que Puma é accionista ,  foi a responsable da construcción dun complexo nas terras dos bosquimanos de Botswana .

Esta empresa definese  a sí mesma como unha organización conservacionista e unha empresa  dedicada ó turismo responsable que axuda á  protección  da  fauna e flora africanas e que comparte os seus beneficios coas comunidades locales.

Pero pola contra temos outra opinión acerca desta definición, dada pola organización de defensa dos dereitos que teñen os indígenas “Survival International”. Según esta organización a empresa Wilderness Sarafaris construiu un complexo o “Kalahari Plains Camp” nos terreos dos bosquimanos, sen pedirlle o permiso a estes. Pero esta empresa, tivo o consentimento do goberno de Botswana, que aparte de permitir este feito catastrófico, prohibiulles ós bosquimanos acceder ós pozos de auga que este complexo ultilizaba, aínda sendo da súa propiedad. Para que vexades o que podía ser iso, cando os bosquimanos recorrían distancias moi lonxanas tiñan que ver, como os turistas se bañaban nas piscinas de dito complexo, utilizando a auga que lles pertencía.

Como dixemos anteriormente a coñecida marca Puma ten accións nesta empresa, específicamente un 20%. Con isto podemos tomar como falsas as afirmacións prununciadas nesta marca, nas que din  que contribúen por un mundo mellor para as novas xeracións, xa que fíxose con parte das acción desta empresa, pouco antes de que o 8 de abril do ano 2009  comezara a cotizar nas bolsas de Botswana e Johanessburgo.

Por este motivo Survival pídelle a Puma que sexa un puco máis coherente cas súas afirmación, e que antes de pronunciar ditas palabras pense na súa repercusión. Si quere que estas afirmacións se convirtan en verdadeiras o que debería facer é retirar as súas inversión en Wilderness Sarfaris.

E por último para finalizar con este post, gustaríamos poñer unhas declaracións feitas polo portavoz da tribu, Jumanda Gakelebone: “Nós, os bosquimanos, pedimos ás empresas que non merquen accións do complexo ata que teñamos os nosos dereitos e as nosa liberdade. Non hay nada que produza maís dor que ver unha piscina xunto a nós no deserto, onde a xente pode nadar, mentres nós non temos nin unha gota de auga”.

 

imagen

 

Tags: ,