OLLO! As augas medran.

imagen

En pleno século XXI comezamos a facernos á idea de que o noso planeta esta sufrindo cambios prexudiciais que serían evitables se a nosa sociedade se concienciase moito antes, xa que na actualidade pode que sexa un pouco tarde para parar este cambio, pero aínda estamos a tempo de frear moitos desastres medioambientais.

A fotografía móstranos o efecto da subida excesiva do nivel do mar por causa do desxeo dos polos. Se nos situamos xeograficamente na Galiza costeira e facemos unha reflexión sobre esta situación, fainos pensar que os nosos pobos mariñeiros poidan quedar sumerxidos baixo o mar nun futuro non moi l0nxano. A predición da costa galega é a seguinte, o nivel do mar podera subir 2′2 mm cada ano e as temperaturas ao menos 3′6 graos.

Unha das causas do desxeo é o cambio climático, temos que poñer freo as emisións de CO2 e seguir o protocolo de Kioto. Non somos conscientes de que o desxeo é rápido e a auga tarda máis en conxelarse. Un só metro máis no nivel do mar sería prexudicial para moitas rexións e para as correntes mariñas porque a concentración de sal na auga disminuiría. Asi mesmo produciríanse grandes cambios na flora e na fauna mariña xa que a temperatura das augas vese reducida, obstaculizando o desenvolvemento de hábitats de augas mornas.

O quentamento global é unha ameaza para todas as especies do noso planeta, temos que ser conscientes e intentar frear as súas consecuencias. Se pensamos que o noso desenvolvemento tecnolóxico vai evitar a catástrofe que supón un cambio climático estamos moi equivocados. Se a simple erupción dun volcán paraliza o tráfico aéreo en Europa, como faremos fronte ao avance do mar sobre as nosas costas?

 

 

Tags: