Courel dos tesos cumes
Neste ano 2010, ano internacional da biodiversidade, o autor das Letras Galegas é o poeta do Courel, Uxío Novoneyra, símbolo literario do conservacionismo galego. A partir do vindeiro luns un grupo de profesores e alumnos de 1º de bacharelato do IES praia Barraña percorreremos estas terras, durante tres días, guiados polos poemas deste escritor, procurando atopar tollemerendas, carqueixas, uces e penas, brañas, soutos de castiñeiros, abrairas da orela, bidueiras novas, freixos, faias, barbas de mofo e lidrio, cembas de arandeiras e fontiñas roxas e brancas.
Tags: Courel