Eyjafjallajokull, 40 anos despois do primeiro día da Terra

imagen

Onte celebramos o día internacional da Terra. Aproveitabamos esta data para preguntármonos, unha vez máis, que estabamos dispostos a facer para que este planeta siga sendo un lugar habitable para os seres vivos que o poboan, incluído o ser humano. Faciamos fincapé na diminución do consumo enerxético. Sobre todo porque ao proceder a meirande parte da enerxía que consumimos da queima de combustibles fósiles, consumo de enerxía equivale a produción de dióxido de carbono e aumento do efecto invernadoiro. A erupción do volcán islandés  Eyjafjallajokull e o cerre do espacio aéreo en boa parte de Europa, puxo de novo en evidencia o pouco fundamento ecolóxico de moitas das decisións que por motivos estritamente económicos se toman nas nosas sociedades. Alimentos, materias primas, bens de consumo, prodúcense a grande distancia dos lugares onde se comercializan e transpórtanse continuamente dun lado ao outro do planeta. Se o transporte se detén os mercados se desabastecen, a economía se paraliza e noso modo de vida, difícilmente sostible, periga. Seremos capaces de atopar respostas que satisfagan as necesidades de desenvolvemento de tódolos países sen continuar a hipotecar o noso futuro?

 

Tags: ,