ONDE ESTÁ O NORTE?

imagen

“O Polo Norte Magnético desprazouse 1.100 kilómetros no último século, o que representa un movemento sen precedentes nos últimos 2.600 anos que anuncia bruscos cambios xeomagnéticos futuros, según unha investigación realizada pola Universidade deOregón.” Estas palabras aparecen nun artigo que podemos atopar na páxina web “Tendencias Científicas”, isto quere decir que a velocidade do Polo Norte Magnético está incrementándose significativamente. Os datos din que pasou dos 10 kilómetros por ano en 1970 a os 40 kilómetros anuais da actualidade.

A hipótese máis aceptada para explicar a aceleración do desprazamento do Polo Norte Magnético é que este desprazamento é causado por sacudidas xeomagnéticas producidas no centro da Terra, xa que o centro da Terra se encontra en estado líquido, e pode que este estease modificando na súa composición ou fluidez. A pesar d estas anomalías, os investigadores non ven indicios dunha nova reversión dos polos magnéticos terrestres, tal como ocorreu fai 780.000 anos.

 

clip_image002_1.jpg

 A única consecuencia que poderiamos apreciar a simple vista serían as auroras boreales, xa que poderían ser observadas mellor dende o sur de Siberia e de Europa ca desde o norte de Canadá e Alaska, como ocorre na actualidade. E decir que a posición e o desprazamento do campo magnético ten relación directa coas futuras observacións en distintos lugares das actuais das auroras boreais.


Pero dentro do que a simple vista pode parecer un caos ou un cambio con consecuencias moi extremas, resulta que este fenómeno, o desprazamento do Polo Norte Magnético, ocorre con frecuencia, é algo habitual e inevitable no noso planeta, e os movementos significativos ocorren xeralmente nun intervalo de tempo duns 500 anos aproximadamente. Pero sen embargo, as últimas observacións prevén que os próximos cambios teñen unha grande posibilidade de seren máis bruscos dos habituais.

Estes cambios na ubicación del Polo Norte Magnético teñen un gran interés non só dentro da comunidade científica, xa que  tamén afectarán entre outras cousas aos voos comerciais e ás telecomunicacións.

 Por outra banda, outras investigacións están detectando algunhas anomalías atribuidas ós cambios no campo magnético terrestre. Descubreuse que a forza do campo magnético diminuíu un 10% nos últimos 160 anos, moito máis rápido do que se esperaba observar, debido en gran parte ao seu debilitamento na rexión do Atlántico Sur coñecida como “anomalía sudatlántica”.

 O debilitamento do campo magnético fainos máis vulnerables contra as radiacións cósmicas, entre elas están por suposto as radiacións emitidas polo sol, e anuncia a súa posible desaparición dentro duns 1500 anos.

 Se desaparecese o noso campo magnético, desaparecería a nosa principal protección contra as radiacións, e as consecuencias negativas sería que estariamos expostos a unha choiva cósmica que nos causaría a morte antes ou despois en caso de non encontrar ningunha solución ante este suceso que, polo visto, parece que xa iniciou a súa marcha, para a nosa desgraza.

 

Tags: