Tempo de botar patacas Amflora?
Estes días, en moitas casas galegas, as tardes resérvanse para realizar unha tarefa moi importante: botar as patacas que se comerán durante todo o ano. Porque este delicioso tubérculo orixinario de Perú, é rico en amidón, o hidrato de carbono que constitúe a base da nosa alimentación. Pois ben, entre as miles de variedades que se cultivan deste vexetal, en Europa tamén se vai poder cultivar a pataca transxénica Amflora desenvolvida pola compañía BASF. Xa que o pasado 2 de marzo a Comisión Europea autorizou o seu cultivo logo de recibir luz verde por parte da axencia europea de seguridad alimentaria (EFSA).
Desde 1998 só se autorizara un cultivo transxénico en Europa, o millo Bt Mon810 desenvolvido por Monsanto.A multinacional Monsanto produce outros dous millos transxénicos Mon863 e Nk6o3. Existen dúbidas sobre a seguridade dos tres millos transxénicos de Monsanto.
O amidón da pataca Amflora só vai ter un uso industrial, pero aínda así esperemos que os riscos potenciais para o medioambiente teñan sido correctamente avaliados.
Tags: Amflora