Autorizada en España a doazón anónima de ril en vivo

Falabamos hai xa algunhas semanas das doazóns e dos transplantes, diferenciando entre as doazóns onde o doador faleceu, doazóns de cadáver, sempre anónimas, e as doazóns de vivo, das que dixemos que eran dirixidas. Nunha doazón anónima o órgano ou tecido doado transplantarase, con criterios médicos, á persoa que o necesite con maior urxencia, por exemplo, a  unha urxencia cero. Nunha doazón dirixida o  órgano ou tecido do doador vai parar a un receptor concreto, por exemplo, a un familiar do doador. Pois ben, dende onte, segundo xoves de marzo de 2010, día mundial do ril, en España está permitido que unha persoa viva doe o seu ril a un receptor anónimo.

 

Tags: ,