Chile: despois do terremoto veu o maremoto

O pasado sábado 27 de febreiro, mentres esperabamos metidos nas nosas casas, a chegada da tormenta Xinthya, soubemos que un terremoto de magnitude 8,8 na escala de Richter provocaba o pánico, a destrución e a morte de centos de persoas -  preto de 800, polo momento - en Chile. O epicentro do terremoto situose a 325 quilómetros ao sudoeste da capital do país, no límite entre a placa de Nazca e a placa Sudamericana, fronte ás costas da rexión chilena de Maule. Neste límite de placas existe unha zona de subdución, é dicir, unha beira destrutiva de placa onde se destrúe litosfera oceánica.

imagen

 Cando un terremoto que ten o seu  epicentro baixo o mar, provoca danos nos edificios, debemos  prever a chegada dun maremoto ou tsunami ás costas. Así pasou esta vez en Chile. O maremoto que varreu as súas costas foi o responsable da metade dos falecementos que se produciron.

 

Tags: , , ,