ENTRADA SEN SAÍDA

imagen

ABRE BEN OS TEUS OLLOS E NON COMETAS O MESMO ERRO!

A anorexia é unha enfermidade provocada por un trastorno alimenticio que afecta en xeral a adolescentes e persoas novas, na súa maior parte mulleres.

A máis frecuente é a anorexia nerviosa e atópase producida por unha horrenda obsesión de ter un corpo espectacular. Isto soe ser resultado da presión que a sociedade e a televisión produce sobre nós. Como ver esas modelos esqueléticas nas pasarelas e que tratan como as tallas perfectas e que nos incita a ter o seu mesmo corpo.

A enfermidade consiste en, pouco a pouco, ir deixando de comer e acompáñase en moitas ocasión dun incremento esaxerado de exercicio físico, ademais dunha deformación do teu corpo que ti imaxinas cada vez que te ves no espello. O resultado disto é a perda continua de peso que produce consecuencias moi graves no noso organismo: caída do pelo, rotura das uñas, frío extremo, palidez da pel, amenorrea (ausencia do ciclo menstrual) e, nos casos máis graves, pode chegar incluso á morte. Outras das súas consecuencias son o illamento social, o permanente estado de enfado, mal humor, depresión e ansiedade.

O tratamento realízao, xeralmente un psicólogo axudado dun endócrino. O traballo do psicólogo consiste en convencerte de que tes unha enfermidade e de intentar que recuperes os hábitos alimenticios adecuados mentres que o endócrino vixía o teu estado físico. En ocasións extremas pódese levar a ingresar ao paciente  obrigándoo a alimentarse por unha sonda a través do sangue. O tratamento dura aproximadamente seis anos con visitas dunha ou dúas veces por mes durante eles, xa que é unha enfermidade moi difícil de curar completamente e adoita ter épocas de recaída. En moitos casos nunca se chega a curar.

 

Tags: