Haití: unha longa historia de bloqueo, deforestación, sismos e huracáns
Descuberto por Colón en 1492, repoboado con escravos africanos trala desaparición da poboación nativa, colonizado sucesivamente por España e Francia, este país de escravos que se rebelaron contra os seus amos, sufriu dende a súa independencia, en 1804, o abandono por parte de tódalas nacións. Unha especie de bloqueo, en pleno século XIX, que provocou que a poboación arrasase as masas forestais para obter, entre outras cousas, madeira para utilizar como combustible.
Azoutado periodicamente por huracáns, o terremoto do 12 de xaneiro é quizáis a peor das múltiples traxedias vividas por esta terra esgotada.