Viaxando estre os restos do cometa Halley
As chuvias de meteoritos fascinaron dende sempre á humanidade. Non hai nada ameazador nelas, trátase simplemente de partículas sólidas que ao traspasar a nosa atmosfera entran en incandescencia. Cando na nosa viaxe perpetua arredor do Sol atravesamos unha zona do espacio na que abundan especialmente, as noites enchensenos de fermosos destellos. Precisamente estes días estamos pasando entre os restos do cometa Halley e disfrutamos da observación dunha das chuvias de estrelas mási importantes do ano, as Oriónidas que hoxe 21 de outubro acadan a súa máxima intensidade. Como entran na nosa atmosfera de cara, van moi veloces e mesmo partículas pequenas provocan estrelas fugaces espectaculares.
Venres 23 de Outubro do 2009 ás 10:02
Un artigo moi interesante.