Buracos negros e buracos negros supermasivos
Que é un buraco negro? Onde se atopan? Como se forman? Como os detectamos? Pois ben, imaxinemos a existencia dun corpo no espacio cun raio diminuto e este corpo otorgalle unha concentración de masa tan grande que a velocidade de escape que dela se orixina sexa igual ou maior á velocidade da luz. Visto esto, é imposibel que algún obxecto poida romper a gravedade deste corpo, xa que non pode emitir nin reflexar luz. Asi que este corpo desaparece da vista humana, pero, ao poseer unha enorme gravedade empeza a atraer ata el corpos que están nas suas proximidades. É así como poderiamos definir un buraco negro. Unha vez coñecida a definición de buraco negro, plantexamonos diversas preguntas. . .Por que ese nome? Pois este nome esta atribuido a John Archibald Wheeler e basicamente puxolle o nome de buraco negro xa que este non é visible a vista. Antes de darlle este nome, os buracos negros recibían outros como “estrela conxelada” ou “ollo do demo”. Con respecto a medida destes buracos non podemos falar dunha medida fixa senon que debemos de tomar en conta o espazo que ocupa no universo e a masa que posee. Porén, os científicos lograron descubrir unha relación directa entre a masa e o espazo ocupado dun buraco negro; esto significa que se un buraco negro é dez veces máis pesado que calquera estrela, ocupará un espazo dez veces maior que o espazo ocupado por esa estrela. Para darnos unha idea máis clara comparemos o tamaño do sol cun buraco negro supermasivo, o sol posee un raio de aproximadamente 700.000 quilómetros, mentras que o buraco negro poseerá un radio de catro veces mais grande que o sol. Enton. . .está a terra en perigo pola presencia de buracos negros? Non. O buraco negro máis proximo ao noso planeta está moi lonxano, sen embargo os investigadores levan un rexistro constante da actividade dos buracos negros xa dectectados e tamén están na procura de novos buracos negros e de estrelas moribundas que estén a punto de entrar na fase de buraco negro.
Laura Triñanes, Ángela Neu e Antía Pimentel
Tags: Buraco negro supermasivo