Ser muller

Xa que no noso blogue, agora hai unha sección, moi ben empleada, dedicada ás mulleres; quixen facer a miña aportación con esta reportaxe.

 

Sempre houbo mulleres que dedicaron a vida á interesante investigación científica. Hoxe en día ser muller xa non é tan complicado. Poderiamos nomear moitas mulleres que viviron na época moderna e fixeron as súas aportacións á ciencia. Pero ninguén lembra aquelas mulleres que viviron fai moitos anos e dedicaron a súa vida á ciencia.

 

Antes, as mulleres que intentaban avanzar nas investigacións eran acusadas de bruxería ou chamadas herexes por iso moitas ocultaron os seus nomes e nós carecemos da maioría da información sobre elas e os seus descubrimentos.

 

 

 

Pero todo isto non sirve de nada se non o acompaño de exemplos, o cal sería demostrar os feitos na miña teoría, aínda que non sexa científica. Isto demostrará que para nada os homes nos gañan en intelecto e que a cruel realidade é que si non gañan en vantaxes. Aí van tres mulleres sabias:

María, a Xudía, unha química no século I

 

 

Natural de Alexandría estaba considerada una experta alquimista no século I. Dise que coñecía, xa daquela, a fórmula do ácido clorhídrico e que foi a inventora do “baño María”que se trata de un recipiente con auga posto á lumbre e no cal se mete outra vasilla para que o seu contido reciba un calor suave e constante en certas operacións químicas, farmacéuticas ou culinarias.

 

Temos pouca información de María xa que as mulleres que investigaban eran acusadas de bruxería ou tildadas de herexes, co cal elas levaban as súas investigacións no máis absoluto anonimato.

 

 

Hipatia, unha muller que no século V defendeu o dereito a pensar

 

 

parecechico.jpg

Hipatia viviu fai mil cincocentos anos, Ela daba o seguinte consello ás persoas: “Defende os teus dereitos a pensar, porque incluso pensar dunhas maneira errónea é mellor que non pensar”.

 

Esta intelixente muller foi profesora de astronomía e de matemáticas. Inventou un aparato para obter auga pura e hai quen lle atribúe tamén a invención do astrolabio.

 

 

 

Carolina Herschel , observando estrelas no século XVIII

 

se__ori__a_fea.jpg

 

 

Carolina Herschel facíalle os cálculos a seu irmán, o prestixioso William Herschel. Un día, mirando polo seu telescopio descubriu oito cometas e varias nebulosas.

 

Claramente, estes descubrimentos deron a volta ao mundo co nome do seu irmán. Si buscas en Google atoparas moitas entradas co nome de William pero proba con Carolina. Menos da metade, ou non?

 

 

 

Por sorte, as cousas foron cambiando e cando unha persoa descubre ou fai algo, fixamonos na súa demostración e non no seu sexo. Eso faime quedar máis tranquila, pero a igualdade de sexos está nas nosas mans,eu só digo que deberiamos intentalo.

 

 

 

As mulleres non só dan vida, cociñan, pranchan, fregan… senón que moitas teñen un horario laboral de 8 horas e ó marido sentado no sofá esperando a cea,

 

 

 

Esta reportaxe vai por elas!!!!