OBXECIÓN DE CONCIENCIA…
Células nai, o eterno debate. Ética e morais enfrontadas co progreso. Un problema difícil de afrontar. Cada día saen a flote novas frontes na batalla. Resulta realmente curioso que a día de hoxe se siga discutindo acerca de este tema. Ao día matamos a milleiros de persoas co noso nivel de vida capitalista. A explotación dos pobos subdesenvolvidos impartida polas grandes multinacionais é realmente estremecedora. Miles de persoas, que morren só polo acomodamento excesivo duns poucos. E despois temos problemas éticos ante unha investigación que salvaría moitas vidas. Porén, non sentimos ningún tipo de reparo á hora de vestir prendas coas “tres barras”. É preciso destacar que as células nai que se necesitan para as investigacións son as do blastocisto tardío, co cal non estariamos atentando contra unha vida, senón aproveitando os seus restos, os restos dunha vida que non terá lugar. Non terá lugar porque eses embrións son os desperdicios das fecundacións in vitro. A ética non ten nada que ver neste tema. Falamos de orgullos, paixóns exaltadas, e en gran parte, de relixión. As arelas que algúns amosan por que as cousas non cambien, por que a sociedade non avance e se manteña inamovíbel. Non falamos de quitar vidas, senón de salvalas. Sería unha barbarie deixar que milleiros de persoas morran polos complexos de algúns. Iso é o verdadeiramente antiético. A sociedade do futuro precisa poder darlle corazón a alguén que o precisa, facer camiñar a un tetrapléxico e, noutras palabra, resucitar aos chamados “mortos en vida”. Non podemos mostrar obxeción de conciencia ante isto, non podemos virar a cara ante este crime. Necesitamos ser un pouco máis humanos.