Células nai:experimento non ético ou avance?

imagen

Este tema está moi en boga na sociedade de hoxe en día pois é un dos últimos avances na mediciña. Ó que se debe esta polémica é o feito de ter un fillo xenéticamente compatible co xa nacido anteriormente para obter o sangue do seu cordón umbilical, onde se atopan as células nai, e así salvar ao outro fillo. Co que agora se experimenta é que con calquer célula do corpo, que xa non sexa unha célula nai do cordón umbilical, conseguir obter un individuo completo. Hai varios tipos de células nai:

  • célula nai totipotente: que pode crear un organismo completo.
  • célula nai pluripotente: que non pode formar un organismo completo.
  • célula nai multipotente: que son as que so rexeneran unha célula especializada.
  • célula nai unipotente: que é o que pode formar un tipo de célula.

As células nai embrionarias son aquelas que forman parte da masa celular interna dun embrión de 4-5 días de idade, (¿pódese considerar o termo idade?), e que teñen a capacidade de formar tódolos tipos celulares dun organismo adulto.

A imaxe debemos comentala pois é unha critica cara Bush e o seu mandato e unha forma de eloxiar ao novo presidente dos EE.UU que está facendo posible a experimentación con células nai e o avance da ciencia en xeral.(grazas, que Deus cho page que eu non podo)

Antía Silva e Eva Fernández

 

Tags: