CON CORAZÓN

imagen

O sedentarismo é antinatural. Non é necesario ser un xenio para descubrir iso. Moitos cren que o ser humano está destinado a vivir dun modo tranquilo, pero o certo é que non é así. Somos seres antinaturales, dedicámonos a realizar cousas que distan da nosa natureza. Este modo de vida non é pernicioso en si, forma parte da nosa evolución. O que si pode ocasionarnos problemas son os derivados do sedentarismo, a obesidade e o sobrepeso. Lonxe quedan xa os homes que vestían taparrabos e cazaban con lanzas. Moito mellorou a nosa esperanza de vida desde entón. Pasamos de ser anciáns con corenta anos a ter unha esperanza de vida próxima aos cen. No entanto, na nosa época aparece un problema propio do benestar e o exceso. O noso organismo reséntese de todos os excesos. Comer por vicio provoca moitos problemas, e un dos grandes prexudicados é o noso corazón, o noso interior. Derivados do sobrepeso son problemas de colesterol, trigliicéridos e hiperglucemia. O noso corazón reséntese por un problema que cremos alleo, un problema externo, pero o certo é que este problema procede de nós mesmos. Somos culpables deste tipo de enfermidade, mais apenas mostramos preocupación por este feito. Necesitamos un pouco de cordura, un poco do noso instinto animal. Necesitamos correr ao vento, movernos áxiles, comer só cando temos fame. Non necesitamos máis problemas dos que xa temos, é necesario emprender un modo de vida máis saudable, pensando un pouco menos co cerebro e un pouco máis co corazón.


 

Tags: ,

2 Respostas a “CON CORAZÓN”

  1. curso04 Dixo:

    Moncho, ademais de intelixencia, sempre pós o corazón en todo o que escribes. Moi boas reflexións.

  2. Tania Dixo:

    Incrible! Á vez que expós o tema,dás o teu punto de vista deixando no aire unha reflexión para o lector. =) Gústame moito! Unha maneira peculiar de abordar un tema coma o sedentarismo,o cal creo que non dá moito xogo (ti debes ser a excepción que confirma a regla) =P