O cénit do petróleo
Coñécese co nome de cénit do petróleo o momento en que se terán extraído a metade das reservas mundiais de petróleo. Nese momento acadaremos a taxa máxima de extracción mundial e, a partir de aí a extracción será máis difícil e costosa.Non se sabe con certeza cando o acadaremos ou se xa o temos acadado. As predicións varían porque, para empezar, non sabemos canto petróleo queda na Terra, nin como vai a afectar o aumento da demanda por parte de potencias emerxentes como China e India. Tampouco é posible predicir como influiran as novas tecnoloxías. O que si sabemos é que o petróleo non é un recurso renovable e acabará por esgotarse.
Tags: cénit do petróleo, petróleo
Martes 3 de Marzo do 2009 ás 17:40
penso que esta mal que se acabe o petroleo pero tamen penso que dende o motor de explosión foi comercializado con maior intensidade e sendo unha fonte non renovable tense que esgotar.