12 de febreiro día de Darwin.

Darwin 

 INTRODUCIÓN

Hoxe cúmprense douscentos anos do nacemento de Charles Darwin, un home empeñado en resolver un difícil problema, un gran misterio: ¿como apareceron as distintas especies de seres vivos sobre o planeta?.

A solución a este enigma expúxoa Darwin, con sólidos argumentos, no seu libro “A orixe das especies”, publicado o 24 de novembro de 1859. Nel explica que as distintas especies de seres vivos, apareceron sobre este planeta por evolución  a partir doutras, e que o motor desa evolución era a selección natural que actuaba sobre a variedade de caracteres que existía nas especies, da seguinte maneira: favorecendo a supervivencia dos individuos que amosasen algún carácter que lles proporcionase unha mellor adaptación ao medio. Isto aumentaría as súas posibilidades de reproducirse e de pasar ese carácter vantaxoso á seguinte xeración. Deste xeito o carácter vantaxoso espallaríase na poboación.

A teoría da evolución por selección natural foi proposta tamén por Alfred Russel Wallace un intrépido naturalista que estaba estudando as selvas das Molucas. Foi tamén unha viaxe por terras exóticas a que serviu de inspiración a Darwin para elaborar a súa teoría: a viaxe no Beagle.

TAREFA

Estamos no 2158, falta un ano para que se celebren os trescentos anos da publicación da Orixe das Especies e os 350 anos do nacemento do seu autor, Charles Darwin.  As viaxes no tempo que se consideraban imposibles até hai pouco , son xa unha realidade.  O CERN, a vella institución científica europea, acaba de poñer a punto unha máquina do tempo .

Formades parte dun grupo de xornalistas que viaxará no tempo até de mediados do século XIX, concretamente ao ano 1858, para localizar e entrevistar aos protagonistas da historia que revolucionou o coñecemento da vida para sempre: a elaboración da teoría da evolución e a súa presentación diante da sociedade da época.

Parte dos membros do grupo realizará a súa investigación en Inglaterra, procurando conseguir unha entrevista con Charles Darwin e os seus amigos Charles Lyell e Joseph Hooker.

Outro grupo de periodistas viaxará ao leste de Indonesia, ás illas Molucas, concretamente á illa de Ternate, onde Alfred Russel Wallace, nun descanso das súas expedicións pola selva está elaborando a súa teoría da evolución por selección natural.

PROCESO.

Os membros de cada grupo elaborarán os  cuestionarios que lles pasarán aos entrevistados. Coas preguntas e respostas escribiredes un artigo e publicarédelo no blog.

RECURSOS.

A viaxe do Beagle:http://www.nhm.ac.uk/nature-online/science-of-natural-history/expeditions-collecting/beagle-voyage/index.html

Biografía de Darwin:http://www.biografiasyvidas.com/monografia/darwin/

A orixe das especies:http://darwin-online.org.uk/

Día Darwin: http://www.darwinday.org/

Biografía de Charles Lyell:http://es.wikipedia.org/wiki/Charles_Lyell

Joseph Hooker:http://es.wikipedia.org/wiki/Joseph_Dalton_Hooker

http://www.jdhooker.org.uk/

Alfred Russel Wallace:http://www.wku.edu/~smithch/index1.htm

http://es.wikipedia.org/wiki/Alfred_Russel_Wallace

AVALIACIÓN.

Valorarase a orixinalidade das entrevistas, o coñecemento sobre o entrevistado e a comprensión das súas ideas.

 

Unha resposta a “12 de febreiro día de Darwin.”

  1. tania-suena Dixo:

    T-Señor Wallace,que fixo vostede concretamente en América do Sur?

    W-Fixen estudos importantes e grades aportacións botánicas y entomolóxicas.

    T-Tamén fixo outros estudos a parte de botanicos
    non?

    W-Pois si, queres un pouco de raices fritas?

    T- mmmmmmmm, non grazas, cales foron?

    W-Que cotilla, pois estudos de arquitectura e traballei como inxenieiro xeógrafo e arquitecto.

    T-Ala!!!!….seica fixo cousas, e como se lle ocorreu a Teoría da Evolución?

    W- Pois investiguei a distribución xeográfica dos animais e observei que existían diferenzas zoolóxicas fundamentaies entre as especies asiáticas e as australianas, o cal establecí unha liña divisoria
    T-A liña divisoria de Wallace, una liña imaxinaria entre as islas malayas de Borneo e as Célebes.

    W-Eso xa o sei que a fixen eu nón!e agora deixame segir, serve para separar os animais de orixen australiano dos de origen asiático.