“A enorme contribución de Pedro Alonso na loita contra a malaria ou paludismo”

imagen

        O doutor Pedro Alonso, que dende hai doce anos dedica tódolos seus esforzos a combater a malaria, asegura que esta enfermidade “é o paradigma da pobreza”, xa que é á vez “consecuencia e causa” de que moitos países arrastren unha carga de subdesenvolvemento que “nin moral nin politicamente é aceptable” en pleno século XXI.

Alonso dirixe xunto á súa esposa Clara Menéndez a Investigación en Saúde de Manhica, en Mozambique, galardoado este ano co Premio Príncipe de Asturias de Cooperación Internacional xunto ós de Kintampo (Ghana), Ifakara (Tanzania) e o Centro de Investigación e Formación sobre a Malaria de Mali, cos que mantén unha “estreita” colaboración.

Mozambique, é considerado un “lugar quente” para esta enfermidade que mata en África  máis dun millón de persoas ó ano. O doutor sinalou que, en xeral,  a malaria supón unha “enorme lousa” para o desenvolvemento económico e social dalgúns países e que, polo tanto, “a loita contra esta enfermidade é unha loita a favor do seu progreso”.