TER TEMPO PARA SAÍR CORRENDO
En tempos de crise existen un milleiro de factores que condicionan o noso modo de vida. O primeiro, a simple vista, sería sen dúbida algunha o económico. Desaceleración, recesión, caída bursátil… Todos estes son termos que chegan a cotío aos nosos oídos e quedan gravados a lume no noso subconsciente. Soñamos con remontar unha situación que semella insostíbel. Un día espertámonos e camiñamos ata o hospital. Temos que pasar unha revisión sen maior importancia, que nos deixa con expresión conxelada ao darnos unha nova inesperada, temos unha enfermidade incurábel, e o peor de todo é que puidemos evitala, mais non o fixemos. Entón espertamos no medio da noite e decatámonos de que todo foi un pesadelo. Deixamos de pensar nos cartos e pasamos a preocuparnos por outro problema que estábamos esquecendo, a saúde. Que ten maior importancia, os cartos ou a saúde? Esa é unha pregunta que moitos nos fixemos algunha vez e que case sempre respondemos do mesmo xeito coa resposta obvia. Non obstante, facémolo imposíbel por acadar fortuna, mentres case nin nos molestamos en botar un ollo a o noso corpo. A maioría non nos coidamos como deberíamos, e os que o fan, ás veces mesmo se exceden no tópico de “poñerse en forma”, chegando a superar os límites do esforzo, e esta actividade excedida ao longo acaba pasando factura. O mellor modo de sobrelevar unha crise é a calma e a saúde, tanto física como mental, xa que o estres nunca foi un bo aliado. A miña opinión é, desde logo, pensar un chisco menos nos bancos e adicar esa pequena parte do noso tempo a nós. É o noso deber, se non queremos morrer novos de máis e sen gozar da nosa vida.
Tags: crise, enfermidade, saudable, saúde, vida
Mércores 28 de Xaneiro do 2009 ás 9:54
Estou dacordo con case todo o que dis, mais creo que deberias saber que o día que te vexas na situación dunha enfermidade incurable, daráste conta de que necesitarás a axuda dos cartos para medicamentos, consultas e todo o necesario.
Iso de que non fagamos deporte ten bastante que ver ca sociedade na que vivimos, os vicios ocupan demasiado tempo.
É certo que a saúde é máis importante, non me atrevería a dubidalo nin un intre, máis hoxe en día, sen cartos non vas a ningures. Quizás pareza unha opinión materialista, eu diría que estou sendo realista.