Resucitou de entre os mortos.

imagen

A estrela parece brillar máis que nunca no ceo. Unha luz ábrese ao final do túnel. Nunha clínica alemá conseguiron curar por primeira vez a SIDA a un paciente, que tras unha operación, volveu nacer. O paciente vivía un inferno do que parecía imposible saír. A SIDA avanzada que presentaba estaba a punto de arrancalo de entre os vivos, e arrebatarnos a súa presenza. A SIDA abriu as portas a outras enfermidades de par en par, oportunidade que non desaproveitou a leucemia. A causa da inmunodepresión do paciente, os médicos deixaban entrever que a leucemia era un tren imparable que acabaría coa súa vida en cuestión de poucos meses. Non obstante, a medicina moderna e un médico visionario obraron o milagre. O mellor tratamento para a leucemia é un transplante de medula ósea, algo inapelable. Non obstante, ninguén se atreve a facer un transplante a un paciente infectado co VIH, xa que se considera que é un desperdicio malgastar a medula dos escasos doadores para alongar sensiblemente a vida dunha persoa cando co mesmo tratamento se pode curar por completo outro paciente. Non obstante, a un dos eruditos médicos ocorréuselle unha idea. Existían datos de persoas que presentan unha mutación xenética que provoca o desenvolvemento de inmunidade ante ese virus, así que decidiron buscar un doador de medula con esa mutación. Meses despois da operación, no corpo de paciente non se pode achar ningún resto nin indicio da presenza do VIH. Ese home estaba morto. Hoxe volveu á vida, estivo no inferno e voltou con vida para contalo. Os investigadores destacaron que este nunca podería ser un tratamento estándar para o VIH, xa que os transplantes son moi perigosos e as persoas con esa mutación son moi escasas. Non obstante, este achado abre as portas a unha futura vacina eficiente, baseándose na mutación xenética desas persoas. Un mundo sen SIDA, pode estar preto, pero para acadalo, será preciso destinar máis diñeiro á medicina que ao gasto militar, o que parece difícil que aconteza a curto prazo. Pero sería interesante unha redistribución dos gastos estatais das nacións máis poderosas a longo prazo, en lugar de inverter o diñeiro en absurdos gastos como a famosa cúpula de Joan Barceló, que cumpre a fascinante función de enaltecer o ego de excéntricos mandatarios. ¡ Oh, malvados aqueles que aínda manteñen a cordura! ¿Quen vos inspirou tan enfermizo altruísmo? ¡ Oh pobres desgraciados! ¿Acaso non aprendestes aínda que o que prima é o interese propio?! Espero que o mundo sande a súa demencia, polo ben de todas esas persoas, que non merecen nada do que lles está a pasar.

 

Tags:

4 Respostas a “Resucitou de entre os mortos.”

  1. Ana Urbieta Dixo:

    Moncho, sempre me sorprendes coa orixinalidade dos teus artigos. Segue traballando como ata agora na vindeira avaliación. Noraboa polos excelentes resultados. Merécelos!

  2. Jose Carlos Dixo:

    Interesante post, asi vamos aprendendo de cousas que non atopamos por nós mesmos. Segue asi!!!

  3. carlos_muniz Dixo:

    O post en si parece interesante, ainda que ben se podia suprimir a opinion persoal. Xa que ten pouco de interese científico e nos é o que buscamos nesta páxina. Pero polo resto moi ben.

  4. miguel_bobillo Dixo:

    Moncho pareceme un bo artigo pero penso que te repites no dos gastos da sociedade. Ti pensas que cando se comezou a crear a Sagrada Familia de Gaudí a xente que a criticaba tiña razón? Non critiques a cupula de Barceló xa que cun aporte de 30 centimos de cada español podiase erradicar a pobreza en África. Grazas a eses gastos inútiles agora temos obras de arte. Medita Moncho Medita