O acontecemento celeste do ano. Así o vimos dende Boiro.
Os astrónomos nos avisaron de que para ser testemuñas da conxunción Venus - Xúpiter - Lúa había que mirar cara ó Sudoeste a partir das 18:10 do 1 de decembro. Nada máis fácil en Boiro que localizar o Sudoeste. Só hai que dirixir a vista cara a entrada da Ría de Arousa. Este foi o espectáculo que nos deparou o ceo ese día.
Neste momento Venus vese bastante afastado de Xúpiter, pero son fáciles de distinguir ó Sudoeste, a partir das 18:15. Venus, o máis brillante á esquerda, e Xúpiter á dereita.