O “Homo” máis antigo

Homo habilis

Homo habilis e a especie mais antiga do xénero Homo. Viviu aproximadamente dende 2,5 ata ca. 1,44 millóns de anos antes do presente, ao comezo do Pleistoceno. O descubrimento desta especie debese a Mary e Louis Leakey, quenes atoparon os fósiles en Tanzania, África, entre 1962 e 1964. Está xeralmente aceptado que Homo habilis e a primeira especie do xénero Homo, se ben hoxe en día algúns poñen en dubida a sua pertenza ao xénero e ubican ao Homo rudolfensis no primeiro lugar.

O seu nome significa “home habilidoso” e fai referencia ao achado de instrumentos líticos confeccionados por éste. Realizaronse estudos detallados dos restos óseos das suas mans para verificar se realmente sería posibel que este Homo os houbese realizado. Os científicos concluiron que tiña prensión de agarre para realizar as manipulacions necesarias na fabricación de utensilios de pedra; probablemente,era carnivoro.

Observase en eles un importante incremento no tamaño cerebral con respecto ao Australopithecus, que se calculou entre 650 cm³ e 800 cm³, no cráneo aplastado “1470″, atopado en Koobi Fora.

Os restos atoparonse en Kenia, na localidad de Koobi Fora e en Tanzania, na coñecida Garganta de Olduvai.

Autores:

  • Francisco Vázquez Muñiz
  • Alejandro Ozores Ríos
 

Tags: , , , ,

Unha resposta a “O “Homo” máis antigo”

  1. curso04 Dixo:

    Bo post, información clave para coñecer rapidamente a Homo habilis, e enlaces de moito interese. Paco e Alex, noraboa, seguide traballando así.