A CIENCIA DO SOÑO
Soñar é unha das actividades inconscientes que o ser humano realiza dende o principio dos tempos. O soño caracterízase como o desexo de algo que non conseguimos. O desexo de mellorar. O coñecemento é un desexo que o home sedentario empezou a sentir en canto colleu conciencia de si mesmo. O desexo de saber e explorar levou ao home a ir en busca dun soño, ser coñecedor de toda a realidade que o rodea, e sobre todo, coñecer o porqué da vida. Miles de anos sepárannos daqueles primeiros pensadores, non obstante, unha das principais preocupacións de moitos segue sendo a mesma, ¿por que existimos? Algúns dan por resolta a discusión cunha resposta xeral, Deus creouno todo e creou o home á súa imaxe e semellanza. Esta crenza, sendo tan respectable como calquera outra, mantivo estancada a investigación durante moito tempo, impedindo o xurdimento doutros avances e descubrimentos. Un grande científico chamado Galileo Galilei estivo a punto de perder a súa vida por dicir unha verdade que hoxe todos coñecemos. Contra o que os seus xuíces pensaban naquel momento, Galileo só intentaba continuar con aquel soño, entregou a súa vida enteira para ensinar ao mundo que estaba equivocado. Anos despois da súa morte demostrouse que tiña razón. Moitos homes dedicaron a súa vida á investigación, á exploración. Eles, na súa busca por coñecer fixeron posibeís moitos avances que hoxe tratamos como obviedades, pero que no seu momento constituíron unha revolución do saber. Aínda non coñecemos máis que unha ínfima parte do universo que nos rodea. A nosa busca só acaba de comezar.
Luns 10 de Novembro do 2008 ás 23:53
Parabéns polo voso traballo.
Xa sabedes que a frecuencia de actualización é a base do éxito do blog de aula. Animade ós rapaces a publicar.
Nos foros temos un debate sobre a forma de integralos na aula que precisa das vosas aportacións e experiencias.
Alí os esperamos!
Unha aperta