Vaia semaniña!

Esta semana os alumnos e alumnas de ciencias para o mundo contemporáneo estivestes especialmente críticos. Cuestionastes todo tipo de teorías e hipóteses científicas empezando pola do Big-Bang até chegar á da síntese prebiótica.

Mais tamén amosastes a vosa capacidade de traballo presentándonos a tres fascinantes mulleres científicas: a astrónoma Annie Jump Cannon, a física e matemática Lillian Margarita Ávarez-Díaz (claro que hai científicos e científicas no Caribe!) e  a médica e Premio Nobel de medicina Gerti Cory. Esperamos que os vosos traballos se transformen pronto en posts.

Imos cun vídeo do Big-Bang.


 

Pero quen é Gaia?

Gaia é a palabra coa que os gregos designaban á deusa terra. Segundo o científico inglés James Lovelock, que en 1969 lanzou a hipótese Gaia, o noso planeta se comporta como un organismo vivo capaz de autorregularse.  Máis aínda a vida transformou o planeta. A terra é capaz de regular o seu clima e composición e mantívose durante 3.000 millóns de anos saudable e apta para a vida.  Nós somos responsables de tela contaminado e afastado do seu equilibrio e agora sufriremos as consecuencias. No seu último libro, A venganza de Gaia, amósase pesimista sobre a posibilidade de evitar o quecemento global e o cambio climático.

imagen

 

imagen

Aquí podedes ver unha fotografía de James Lovelock.

imagen

 

 

E pensar que somos pó de estrelas!

Si, pensar que a materia da que estamos feitos  nós e o resto de seres vivos do planeta procede das estrelas nos produce un pouco de desacougo e algún que outro arrepío. Levamos xa algunhas semanas repetindo que somos pó de estrelas que un día cobrou consciencia e se puxo a estudar as mesmas estrelas. E estaremos sós no Universo? Ou será a aparición da vida un suceso relativamente frecuente? Xa sei que coñecedes o telescopio espacial Hubble, pero oístes falar do telescopio espacial Kepler?


 

Benvidos ao noso blogue

Ben, aínda que moitos de vos xa sodes uns flogueiros e flogueiras expertos e expertas seguro que non esperabades que na clase de Ciencias para o mundo Contemporáneo fósemos facer un blog.

 

O noso lugar no Universo

Moito levamos falado estes días do Universo, ao principio era moi pouco o que sabiamos. Agora estamos familiarizados e familiarizadas con termos como nebulosa, xigante vermella, estrela de neutróns, buraco negro, anana branca ou materia escura. Imos ver un vídeo e aprender un pouco máis sobre o Universo. ¿Que tal estará o noso inglés?


 

O meu primeiro post

Ola a todos/as. Este será o noso primeiro post do curso. Neste curso imos aprender a publicar nun blog e a xestionalo. Vai ser unha ferramenta moi importante para traballar cos alumnos/as na materia de Ciencias para o Mundo Contemporáneo.

 

POST DE BENVIDA

Benvid@s a climantica.org, para calquera pregunta ou suxerencia, poden usar o foro de axuda.

Un saudo do equipo de CLIMÁNTICA