H1N1 + H5N1 = malas noticias

imagen

Un virus é basicamente un pouco de material xenético envolto nunha cuberta proteica. A gripe é unha enfermidade vírica debilitante que pode matar, transmítese con moita facilidade polo aire e ten unha enorme capacidade de cambiar ano tras ano, o que obriga á continua modificación das vacinas que se utilizan para previla. Existen distintos tipos de virus de gripe e noméanse segundo dous tipos de moléculas que levan na súa superficie: Hemaglutinina (H) e Neuraminidasa (N). Os virus da gripe que afectan a distintas especies poden combinar o seu material xenético e dar lugar a novos virus da gripe cunha mestura de características dos virus iniciais. Unha das posibilidades que máis preocupa neste momento ós expertos da OMS que analizan a evolución da epidemia de gripe nova, que se encontra neste momento en fase de prepandemia, é precisamente que o virus H1N1 que xa se encontra en Asia, entre en contacto e se recombine co mortífero virus da gripe aviar H5N1.

 

 

 

 

Mínimo solar profundo en tempos de cambio climático

imagen

Seguimos recibindo sinais alarmantes do Cambio Climático que está en marcha, como a desintegración de placas de xeo antártico de enormes dimensións. Sabemos que os cambios climáticos están relacionados, tanto coa variación da cantidade de radiación solar recibida como co destino desa radiación.

Canto maior é a actividade solar, maior é a cantidade de enerxía que recibimos da nosa estrela. Pois ben, os astrónomos que estudan as manchas solares, un signo da actividade solar, avisannos de que nos encontramos nun mínimo solar.

Se a pesar desta baixa actividade solar notamos os efectos do quentamento global que está en marcha, que ocorrerá cando o sol recupere a súa actividade normal ou entre nun ciclo de actividade solar máxima, nun contexto de aumento do efecto invernadoiro polo incremento de CO2 e outros gases de invernadoiro na nosa atmosfera?

Recentes investigacións atribúen o fin da civilización maia a unha sequía provocada por un ciclo de máis de douscentos anos de máxima actividade solar.

 

O problema nuclear

Á vista dos sucesos de Chernóbil, a sociedade comezou a desconfiar, ou máis ben concienciarse, dos problemas derivados da enerxía nuclear máis aló dos climatolóxicos, dos tóxicos. Pero, que é a enerxía nuclear?, que son as centrais nucleares?, como poden afectar ó medio?

imagen

A enerxía nuclear é a derivada da fisión de átomos de uranio co obxectivo de liberar unha grande enerxía calorífica. Esta enerxía é utilizada para quencer a auga que será a fonte calorífica da mesma (coma no resto das centrais). Esta enerxía ten a vantaxe de proporcionar grandes cantidades de calor polo tanto de aumento da producción de electricidade. Isto soa moi ben pero cando se produce un accidente no reactor e isto produce mortes e milleiros de enfermidades e deformidades físicas xa non goza de tanta aceptación por parte da sociedad. Isto foi o que ocorreu en Chernóbil, Ucraína (pertencenta á antiga URSS). Os danos económicos foron os menos importantes xa que morreron 31 persoas e ó redor de 135.000 foron contaminadas pola radiación. Os efectos da radiación non son inmediatos (dependendo tamén do nivel acadado) senón que se presentan a longo prazo deixando ós afectados con deformidades (ó igual que ós seus descendentes), cancro, enfermidades respiratoreas, etc. Os efectos sobre a natureza son tremendos posto que milleiros de prantas e animais mariños son exterminados pola radiación e esta exténdese a moitos lugares por medio do vento.

Este documental amosa as consecuencias dun desastre nuclear:

A noite do fin do mundo

 

Un fungo saudable para todos

Neste meu blogue voume a dedicar a escribir sobre un fungo chamado KEFIR tamén coñecido como búlgaros o iogurt de paxariños que é moi coñecido na nosa sociedade aínda que non o sexa da nosa xeración(referindome a xuventude).Este fungo convirte o leite nun producto lácteo fermentado. Este fungo naceu ou fixo aparición na zona do Cáucaso.

Este fungo e tal como aparece na foto, ten aspecto de coliflor pero é máis brando é unha combinación entre bacterias probióticas e levedos.A bacteria chámase Lactobacillus acidophilos e a levadura ten o nome de Saccaharomyces kefir que é un fungo unicelular que é o máis habitual no kefir, aínda que varían segundo o lugar e a cultura. Existen tres tipos de kefir, o de leite que é un dos que máis se usan despois está o de auga e logo o que é menos común que é o do té coñecido como o Kombucha. Este kefir é un fungo moi pequeno pero vai aumentando o seu tamaño conforme se vai nutrindo da fermentación do leite no que vive. Se cultivas un kefir telo que conservar nun bote de cristal que a poder ser non se lle introduza o aire por iso é recomendable conservalo nun bote de cristal ao vacío(que se corresponde co da foto).

 

Queremos ver as estrelas


Os ceos da maioría das nosas vilas  están excesivamente iluminados, impídennos gozar do espectáculo que supón un ceo estrelado, afectan as especies de vida nocturna e ademais provocan un consumo excesivo de enerxía. Hoxe 2o de abril celebramos a Noite Mundial en Defensa do Ceo Nocturno e o Dereito a Observar as Estrelas.


 

Obama autoriza a 1ª proba clínica con células nai en EE.UU.

Barack Obama

Os ensaios con células nai foron bloqueados polo presidente George Bush e a súa autorización agora é debida ó  mandato de Barack Obama, que durante a campaña presidencial prometeu apoiar esta investigación.

O goberno dos Estados Unidos autorizou a primeira proba en humanos dun tratamento con células nai para lesións de medula espiñal.

Entre oito e dez pacientes con lesións da medula espiñal de non máis de catorce días de antiguidade recibirán inxeccións das células nai no punto da ferida. Os investigadores observarán a esos pacientes durante un ano para detectar posibles reaccións adversas e si hai algunha recuperación das funcións da medula. Se o transplante non é dañino, será un precedente importante que facilitará as probas clínicas que involucren células nai derivadas de embrións.

As células nai embrionarias son extraídas de embrións de catro a cinco días. Cando as células nai son retiradas do embrión, este resulta danado sen remedio, o que supón que este tipo de investigación haxa provocado unha gran polémica médica e moral.

 

Otzi, o sorprendente home dos xeos

collageotzi.jpg

 

 

Baixo o ceo do glacial de Otz, nun val do Tirol, un grupo de alpinistas atopou en 1991, a enigmática momia conxelada dun home. Cariñosamente, denominárono Otzi.

 Inmediatamente, soubose que levaba alí enterrado miles de anos e as preguntas comezaron a xurdir:

¿Quén era Otzi?

 ¿Cánto tempo levaba enterrado?

 ¿Qué facía alí?

De boas a primeiras, responder a estas preguntas era case imposible pero tres anos despois sucedeu. Un grupo de antropólogos elaborou un informe con todo detalle, este é un breve resumo:

 ”Otzi viviu fai 6000 anos, cando aínda o ferro no estaba descuberto. Era un home duns vintecinco anos, de 1.60 de altura. Tiña o cabelo negro e ondulado. Tiña tamén unha pequena barba.

 Probablemente se atopaba facendo un largo viaxe cando unha tormenta alpina o sorprendeu no val de Similaun, onde se atopa o glacial Otz. Alí acurrucadiño, morreu conxelado.”

¿Como se atoparon tantos datos a partir dunha momia conxeada? Os antropólogos movíanse por deduccións , que foron as seguintes:

 1. Debido ás baixas temperaturas e á gran cantidade de humidade existente nos glaciares, o corpo de Otzi foise momificando de forma natural. Isto explica a súa magnífica conservación.

 Ao explorar o corpo tomáronse as súas medidas e, co desgaste da súa dentadura púidose saber a súa idade. Pola deformación das súas articulacións sóubose que padecía artrose.

  2.  A análise do lugar onde se atopou o corpo momificado de Otzi, desvelou que non se trataba dunha tumba construída para tal fin e non se coñecían marcas de asentamento humano na zona. Esto quere dicir que Otzi morreu alí accidentalmente.

 3. A carón de Otzi había diversos obxectos semellantes aos da fotografía, ademáis de roupas e recipientes. As roupas, de coiro e peles, parecían ben confeccionadas e contaban con moitos detalles. As armas e ferramentas estaban feitas cas técnicas propias da Idade de Bronce.  Ademáis, polo número de utensilios achados, pódese dicir que Otzi portaba un complexo equipo de supervivencia co cal ía facer un longo viaxe.

Recentemente comezouse a analizar o seu ADN, e atopouse parte del. Tamén se soubo o que Otzi comía e as causas fixas da súa morte. Tamén se soubo que Otzi non tiña familia, nin restos de ela en toda Europa, unha noticia que posiblemente o entristecería moito.

Sen máis, remato. Espero que este tema vos pareza tan interesante coma a min.

 

 

A meninxite, preto de nós

As bacterias máis importantes que causan a meninxite son: Streptococcus pneumoniae, e Neisseria meningitidis. Aínda que tamén a Haemophilus influenzae pode ser causa de meninxite naqueles países nos que a vacina que a combate non se inclúe no calendario de vacunas da categoría de axentes de infeccións graves.

imagen

Fai unhas semanas no noso concello, Boiro, saltou a alarma da morte dun bebé por meninxite B. Isto inmediatamente activou o protocolo de quimiprofilaxis, no que un farmaco elimina o meningococo para evitar que se desenvolva a mesma enfermidade nas persoas que tiveron contacto ca vítima.

Para máis información sobre esta enfermidade ou outras semellantes consultar en: http://es.wikipedia.org/wiki/Meningitis

 

Células nai en neurocirurxía

Ata fai poucos meses, calquera persoa que sufrira un accidente da gravidade suficiente coma para ter que ser transpalntada de medula podían correr un risco importante de incompatibilidade por non falar dos problemas que poderían surxir no complicado proceso quirúrxico. Dende que se comezou a estudar a rexeneración de células nerviosas por medio das células nai, crése poder solucionar este problema. Aínda que os transaplantes non supoñan en si un problema (sempre e cando todo sexa correcto), nalgúns casos coma o de medula espiñal, é moi dificil atopar doadores e isto, sumado ó problema da incompatibilidade, pode causar un gran prexuízo á saúde do enfermo. Ista é a razón de que a investigación coas células nai aplicada ás células nerviosas sexa moi proveitosa. Célebre é o caso de Vladimir Khomitchou, un bielorruso residente en España que en 2001 sufiriu un grave accidente de tráfico polo cal quedou nunha cadeira de rodas para sempre.imagenGrazas á investigación de científicos con células nai, os médicos cambiaron o seu dignóstico inicial; pasou de non poder moverse e falar nunca máis, a ter esperanzas de andar algún día.

Outra das enfermidades que afectan ó sistema nervioso é o Parkinson. Esta coñecida enfermidade está presente nun importante porcentaxe dos nosos maiores e aínda non ten cura (pois o seu tratamento está baseado na prevención dos seus síntomas). Pois agora xa podemos atopar solución a esta enfermidade grazas, novamente, á investigación con células nai. Este tratamento aínda non foi probado en seres humanos pero xa foi probado en primates enfermos de Parkinson e os resultados foron moi prometedores. O doutor Eugene Redmond da Universidade de Yale asegurou con certeza que este procedemento será aplicable ós humanos en poucos anos.

 

OBXECIÓN DE CONCIENCIA…

imagen

 

Células nai, o eterno debate. Ética e morais enfrontadas co progreso. Un problema difícil de afrontar. Cada día saen a flote novas frontes na batalla. Resulta realmente curioso que a día de hoxe se siga discutindo acerca de este tema. Ao día matamos a milleiros de persoas co noso nivel de vida capitalista. A explotación dos pobos subdesenvolvidos impartida polas grandes multinacionais é realmente estremecedora. Miles de persoas, que morren só polo acomodamento excesivo duns poucos. E despois temos problemas éticos ante unha investigación que salvaría moitas vidas. Porén, non sentimos ningún tipo de reparo á hora de vestir prendas coas “tres barras”. É preciso destacar que as células nai que se necesitan para as investigacións son as do blastocisto tardío, co cal non estariamos atentando contra unha vida, senón aproveitando os seus restos, os restos dunha vida que non terá lugar. Non terá lugar porque eses embrións son os desperdicios das fecundacións in vitro. A ética non ten nada que ver neste tema. Falamos de orgullos, paixóns exaltadas, e en gran parte, de relixión. As arelas que algúns amosan por que as cousas non cambien, por que a sociedade non avance e se manteña inamovíbel. Non falamos de quitar vidas, senón de salvalas. Sería unha barbarie deixar que milleiros de persoas morran polos complexos de algúns. Iso é o verdadeiramente antiético. A sociedade do futuro precisa poder darlle corazón a alguén que o precisa, facer camiñar a un tetrapléxico e, noutras palabra, resucitar aos chamados “mortos en vida”. Non podemos mostrar obxeción de conciencia ante isto, non podemos virar a cara ante este crime. Necesitamos ser un pouco máis humanos.