Dous motivos para celebrar o 9 de novembro

imagen

 Carl Sagan (1934-1996)

Tal día coma hoxe, hai 75 anos, naceu  Carl Sagan. Como astrónomo, investigou Venus e Marte e participou en distintas misións espaciais. O disco de ouro, con información sobre o planeta Terra e a humanidade, que levan as Voyager foi deseñado por el. O seu libro “Cosmos” foi  o libro de ciencia máis vendido do século XX. A este xenial divulgador científico, creador da  serie de televisión Cosmos, lle debemos, tanto os rapaces e rapazas que a principios dos oitenta comezabamos unha carreira de ciencias, como os espectadores e espectadoras sen unha formación específica no tema, a irrupción do coñecemento científico, exposto dunha forma sinxela, nunha televisión na que as seudociencias como a  astroloxía e a ufoloxía ocupaban un lugar destacado. Carl Sagan contribuiu a derrubar os muros que se levantan entre a ciencia e a sociedade. Hoxe tamén celebramos a caída, hai vinte anos, do muro de Berlín, unha das últimas feridas abertas da Segunda Guerra Mundial. Anímovos a ver o primeiro capítulo da serie Cosmos e a disfrutar da ciencia contada por Carl Sagan e da música composta por Vangelis.


 

Proxecto xenoma 10 K

introduction-shelf1.jpg

O proxecto xenoma 10K é unha inciativa dun grupo de científicos de varios países que tentarán secuenciar o xenoma de 10.000 especies de vertebrados. A tecnoloxía necesaria para xerar estas secuencias completas é tan nova nova que aínda se ten que poñer a punto. Cando se consiga disporemos dun ” zoo xenómico “.Os nosos xenomas conteñen información do pasado, en palabras do Premio Nobel Sidney Brenner: son fósiles moleculares. Por iso o estudo simultáneo das secuencias de miles de especies ao longo do planeta permitiría reconstruir a historia evolutiva dos vertebrados, dende as nosas remotas orixes nos océanos se hai 500 ou 600 millóns de anos.

 

SMOS, O VIXILANTE DE SOLOS E OCÉANOS

imagen

 O satélite SMOS, lanzado  o pasado 2 de novembro, controlará a humidade dos solos e a salinidade do mar, dende o espacio. A información proporcionada por esta misión da Axencia Espacial Europea (ESA), empregarse para facer mapas de humidade e salinidade e será crucial para comprender a evolución do clima no planeta.

 

INVESTIGACIÓN DA VÍA LÁCTEA POR GALILEO GALILEI

imagen

En 1610, Galileo Galilei utilizou un telescopio  para estudar a cinta branca que había no ceo nocturno, a chamada e coñecida, Vía Láctea, e descubriu que está composta por un gran grupo de pequenas estrelas.

A Vía Láctea é a galaxia  na que está o Sistema Solar e a Terra. Posee unha masa de 1012 masas solares  con un diámetro medio de unos 100.000 anos luz, calcúlase que conteñen entre 200 e 400 mil millóns de estrelas. A distancia dende o Sol ata o centro da galaxia é de 27.700;15 anos luz. A Vía Láctea forma parte dun conxunto dunhas corenta galaxias chamado Grupo Local, despois da Galaxia da Andrómeda é a máis brilante e tamén a máis grande.


O nome Vía Láctea provén da mitoloxía grega, e en latín significa camiño de leite. Xa na Antiga Grecia un astrónomo suxiriu que aquela mancha branca no ceo era en realidad un conxunto de moitísimas estrelas. Tratáse de Demócrito (460 a. C. - 370 a. C.), quen dixo que a luz destas estrelas eran demasiado suaves individualmente para ser recoñecidas soamente con miralas a simple vista. A súa idea non foi apoiada pola xente que a coñeceu e soamente cara o ano 1609  Galileo Galilei usaría o telescopio para observar o ceo e confirmar que Demócrito estaba no certo porque todo o que atopaba estaba cheo de estrelas.


Entón, Galileo Galilei observou que Xúpiter tiña catro lúas que o circundaban, observou tamén as fases de Venus e as montañas na Lúa. E aparte de todo isto apoiou a teoría de Copérnico.

Para finalizar este traballo queriamos dicir, que a idea de falar de Galileo Galei, provén da intriga que se nos quedou despois de escoitar o nome de este astrónomo, nunha canción dun grupo actual.

Cristina Domínguez  .D. y Marta García Armental

 

Aínda tardaremos en ver unha boa Lúa vermella


A que sería bonita unha Lúa vermella? Pois aínda que pareza mentira isto ocorre verdadeiramente. Denomínase eclipse de Lúa, e débese a que a Terra lle oculta á Lúa a luz do sol.

As sombras que coñecemos son grises escuras, pero a da Terra grazas á súa atmósfera que refracta a luz solar, é dunha  cor vermella intensa. Por isto a Lúa en lugar de ser invisible desde a Terra durante a eclipse, vese de cor vermella cobriza Para medir o grao de escurecemento utilízase a escala de Danjon.

Igual que as eclipses solares, as eclipses lunares poden ser parciais ou totais, pero a as lunares duran máis.  Isto débese a que o cono da sombra da Terra e moito maior que o disco lunar. A lLúa tarda cerca dunha hora en cruzar a penumbra, nesta fase só se nota un leve escurecemento. Durante a seguinte hora cruza a sombra antes de empezar a totalidade. A sombra posúe uns bordes difusos, pero o escurecemento e moi aparente. A fase total nunha eclipse ben centrada dura aproximadamente unha hora e media. E neste período é no que a Lúa toma un cor vermello oscuro ou cobrizo.

O próximo eclipse de lúa visible en toda Europa producirase o vindeiro, 31 de decembro pero será parcial e a Lúa tocará escasamente a sombra da Terra.

 

Axudaranos o anel xigante de Saturno a desvelar os misterios de Jápeto?

imagen

Ata agora o maior anel deste planeta, e tamén do Sistema Solar, era o denominado “E” pero a partir  deste achado o novo pasou a ocupar a súa posición. A pesar do seu grande tamaño, o anel “superxigante” é prácticamente indetectable cós telescopios de luz visible, e por iso tardouse tanto tempo en descubrilo. O motivo é que as partículas que o compoñen atópanse moi separadas, con grandes distancias entre elas. O Spitzer conseguiu detectalo grazas ao rastro de pó frío que deixaba, a través do seu telescopio infravermello.

Febe, unha das lúas máis lonxanas de Saturno, orbita dentro deste anel e, segundo a NASA podería ser a fonte do material que o compón, como consecuencia do impacto de cometas sobre a súa superficie.

O descubrimento deste novo anel tamén é importante porque pode axudar a explicar a misteriosa rexión escura que cobre parte de Jápeto, outra das lúas de Saturno, e cuxo material é descoñecido.

 

Esperando ao asteroide Apophis



Apophis é un asteroide que segundo a NASA, pasará cerca da Terra entre os anos 2029 e 2036. É posible que impacte contra outros asteroides, desviando a Apophis cara a Terra,  provocando un dano  equivalente a 40.000 bombas atómicas.

Apophis foi descuberto o 19 de junio de 2004 por: Roy A. Tucker, David J. Tholen e Fabrizio Bernardi en Arizona (EE.UU) desde  o Kitt National Peak Observatory. O 18 de decembro do mesmo ano foi visto en Australia por Gordon Garradd.

Pertence ó grupo de asteroides Atón (asteroide de semieixo maior, menor dunha unidade astronómica).Ten un período órbital de 323 días que é o que o leva a pasar dúas veces pola Terra cada volta o sol. Despois de diversos cálculos que coincidiron, Apophis pasaría o 13 de abril do 2029, brillará tanto que se verá a simple vista, desde Europa, África e o oeste de Asia. Os cálculos de probabilidade fixeron que Apophis conseguise un 4 na escala de Turín e un 1,10 na escala de Palermo, conseguindo así os valores máis altos que un asteroide conseguiu xamáis. O 27 de decembro do 2004 eliminouse calquera posibilidade de colisión no 2029, pero mantense o risco de colisión no 2036.

 

Isaac Newton


Isaac Newton foi un físico, filósofo, inventor, alquimista e matemático inglés. Newton foi o primeiro en demostrar que as leis naturais encargadas do movemento da terra e do movemento dos corpos celestes son iguais. Debido á súa traxectoria como científico é considerado como o mellor científico da historia. Unha das súas obras máis importantes foi a lei da gravitación universal.

         LEI DA GRAVITACIÓN UNIVERSAL

Naceu en 1685 como culminación dunha serie de estudios e traballos iniciados moito antes. Según Bernard Cohen, o descubrimento da lei de gravitación universal realizado por Newton foi o momento culminante da Revolución Científica. Newton deu a entender, cunha simple lei, os fenómenos físicos máis importantes do universo, explicando as tres leis de Kepler. A lei da Gravitación Universal escríbese:

\vec F = -G \frac {m_{1}m_{2}} {r^{2}}\vec u

En 1679 Robert Hooke introduciu a Newton no problema de analizar unha traxectoria curva. Cando Hooke se convirteu no secretario da Royal Society decidiu entablar unha correspondencia filosófica con Newton. Na primeira carta plantexoulle dúas cuestións que lle interesarían moito a Newton. Hooke propoñía compoñer os movementos celestes dos planetas a partir dun movemento rectilíneo ao longo da tanxente e un movemento hacia o corpo central, cando hasta entonces científicos e filósofos como Descartes e Huygens analizaban o movemento rectilíneo coa forza centrífuga. Suxire que a forza centrípeta hacia o Sol varía en razón inversa ó cadrado das distancias. Newton respondeulle que nunca oíra falar desa hipótese.


Pablo Vázquez García e Manuel Franco Ojea

 

O CINTO DE ORIÓN

O Cinto de Orión está formado por tres brillantes e grandes estrelas azuis chamadas Alnitak, Alnilam e Mintaka, ás que tamén se refiren co nome de “As tres Marías”. Estas tres estrelas están situadas no espazo de leste a oeste, e xuntas representan o cinto dun cazador.

imagen

Cada unha destas estrelas xigantes desprenden unha calor superior á emitida polo Sol, e son tremendamente máis masivas co mesmo. O cinto de Orión atópase a unha distancia aproximada de 1500 anos luz da Terra, nacido das nubes interestelares de Orión. Estas nubes de gas e polvo axudan a dar forma á maravillosa figura do cazador grego, e tamén á cabeza do cabalo que o acompaña.

 

MITOLOXÍA:

Segundo a mitoloxía grega, Orión foi un xigante nacido dos oríns de Zeus, Poseidón e Hermes. Un día os deuses visitaron a Hirieo, que era un ancián que desexaba un fillo pero non podía telo. Os deuses como favor orinaronlle na pel do boi que acababa de comer. Cando acabaron, dixéronlle que enterrara a pel e dalí a nove meses tería o seu fillo, Orión.

imagen

 

 No ceo das nosas mañans, mirando cara ao sur, podemos contemplar o cinto de Orión. ¡Non volo perdades!

 

Samuel Vila Miranda e Estefanía Fernández Freire

 

 

O novo anel de Saturno é xigantesco

imagen

Se Saturno xa era bonito de seu, agora sabemos que posúe un novo anel, con moi pouca masa, pero que ocupa toda esa zona alaranxada que vemos na imaxe.  Saturno é o planeta máis lonxano visible a simple vista. Neste momento podemos observalo no ceo da mañá: hai que madrugar. Para ver os seus aneis, e verificar que non o estamos confundindo cunha estrela, é suficiente un pequeno telescopio que acade os 100 aumentos. O anel que se acaba de atopar só é visible na lonxitude de onda correpondente á radiación infravermella e descubriuse mediante o telescopio espacial Spitzer .