Nacerá en xullo o primeiro bebé galego libre dun xene canceríxeno.
Escoitastedes falar do diagnóstico xenético preimplantacional?

Pois xa hai cada vez máis usos desta técnica. Por que? Veredes … esta técnica permítenos o estudio do ADN dos embrións humanos para facer unha selección ou eliminar , no caso de que haxa un defecto conxénito perxudicial para o futuro humano , o mesmo.
Antes de iniciar esta selección é necesario fecundar os óvulos no laboratorio .Este proceso producese mediante fecundación in vitro ( extracción e fecundación dos ovulos nun laboratorio)

Unha parella en Pontevedra , da cal o marido era portador da síndrome de Lynch , consegue , despois de anos de trámites , esperar o seu primeiro fillo ao cal querían aforrar o lastre. Esta síndrome é unha mutación xenética por condición hereditaria que incrementa a probabilidade de presentar distintos tipos de cáncer en varios membros dunha familia.Contando ao primeiro soamente co apoio do Chop (Complejo hospitalario de Pontevedra) tentaba dende 2007 conseguir a autorización da Comisión Nacional de Reproducción Asistida . Este organismo autorizou o proceso en setembro de 2010.
O proceso comezaba o pasado outubro , cando unha clínica de fertilidade, extraeu os gametos e realizou a fecundación in vitro , obtendo catro embrións . Unha vez analizados , comprobouse que dous deles non estaban afectados por esta síndrome e eran aptos para a implantación. A oncóloga responsable e artífice do proceso responsable da Unidad de Consejo Genético del Chop , explicou : ” A muller está embarazada, e confirmouse que, se trata dun feto varón cromosómicamente normal e non portador da mutación da síndrome de Lynch , que afectaba a múltiples membros da familia paterna “, e asegura que aínda que sobre o papel semelle simple é un proceso moi complexo . Tamén declarou : ” As análises podense facer para enfermidades concretas , neurolóxicas , musculares , metabólicas e neoplásicas (canceríxenas ) , pero a conditio sine qua non é que sexan monoxénicas , é dicir, que se deban á alteración dun solo xene “. Engadindo a dilatación temporal do proceso , cada cen procedementos iniciados , só se logra unha taxa de bebé de 15 ou 20 nos mellores centros. En concreto debemos ir ata o 2005 , cando a Unidad de Consejo Genético diagnostica a primeira familia con esa síndrome con gran mortandade ata o momento actual , na que a xenética é unha investigación diaria. Dous anos despois , un mozo galego de 31 anos e portador da mutación , non quería deixar pasar a oportunidade de ser pai , e o máis importante , dun rapaz san. Conseguen en 2009 cursar unha nova solicitude á Comisión Nacional de Reprodución Asistida pero non foi ata 2010 cando, da man dos profesionais do Chop, se realizou unha fecundación in vitro para traer ao mundo ao bebé, o primeiro galego libre da síndrome. O embarazo ata que dé a luz a muller pontevedresa de 39 anos manténse baixo vixilanza da clínica de fecundación ca especialidade preimplantacional en Vigo.
Este é o procedemento , que se espera continúe adiante , e que no futuro poida levarse a cabo máis dunha vez. Esperemos , que siga avanzando esta técnica médica e de aquí en adiante poidamos salvar novas persoas de cargas como esta síndrome.
Sara Piñeiro González & Robert Cárdenas Schwenke

O pasado mes de xaneiro entrou en vigor unha lei antitabaco que impide ós fumadores fumar dentro dos bares, se o fan terán unha multa eles e os donos dos locais. Esta lei é moi positiva para a saúde da poboación en xeral. Beneficia especialmente ós traballadores de hostelería que levan anos respirando o fume do tabaco que outros fuman. A lei xerou moito malestar entre moitos dos fumadores que tiñan nos bares un lugar cómodo para fumar, e que non consideran que o tabaco sexa unha ameaza nin para a súa saúde nin para a dos demais. Ou polo menos non superior a outras substancias que contaminan a atmosfera. Vou aportar algúns datos sobre os efectos nocivos do tabaco.
Hoxe por hoxe non podemos falar de curar esta enfermidade, pero o que si podemos decir é que é posible controlala, mantendo sobre todo aos nenos e aos adolescentes sen ningún tipo de síntoma e permitíndolles realizar unha vida aparentemente normal. Diversas teorías din que o grado de enfermidade que se terá de maior dependerá do control que levemos, por iso é importante tratala adecuadamente en cada etapa da nosa vida.
Un dos problemas que máis está preocupando á sociedade é a obesidade infantil. A principal causa é o 


É preciso que todos nós cumplamos as horas de sono estipuladas para cada un xa que é primordial o descanso para levar unha boa vida ou desempeñar un traballo satisfactorio, aínda que ás veces descoidámonos e descansamos mal, debido a unha inxesta excesiva á cea ou porque quedamos despertos ata tarde sen ter en conta que estamos alterando o ciclo do sono, que unha vez que este se rompe, desvelámonos e, para o que para persoas non implica maiores problemas, para outras si supón serios inconvintes, porque cada un é dono do seu corpo e coñece as horas que necesita para ter o corpo descansado.
máis lentas e menos regulares. Este estado denomínase NREM, despois de máis ou menos unha hora desono NREM, comeza a chamada fase REM, de sono profundo. Na narcolepsia, o orden e a lonxitude dos períodos de sono NREM e REM están perturbados. Todo isto leva consigo a : O soño nocturno non inclúe suficiente sono profundo así que o cerebro trata de compensar ese déficit durante o día, os narcolépticos caen repentinamente no que parece un soño moi profundo e despertan totalmente desorientados e os soños parécenlle moi vívidos.
